La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O Muíño da Porta, en Touro, volverá moer logo de 43 anos

- [N. NOGUEROL]

Contan os máis maiores do lugar que o Muíño da Porta, na aldea de Pousada, en Touro, funcionaba a pleno rendemento as 24 horas do día. Facíanse quendas de seis horas para que os veciños da parroquia —a de San Pedro de Ribeira— tivesen tempo suficiente para moer o trigo e o millo que empregaban para facer o seu propio pan, e tamén para alimentar o gando. Aínda que seguro que con menos intensidad­e que naqueles tempos, a vella maquinaria de pedra e madeira volverá aproveitar a forzar do río Ulla para recuperar a súa función. «A intención é que os veciños que o desexen poidan vir moer de novo», conta un deles para explicar que, con ese propósito, pedíronlle ao Concello de Touro que restaurase a construció­n, e nese traballo está inmersa, dende hai días, unha brigada de operarios municipais.

O vello muíño de auga atopábase en estado de abandono, co que a súa rehabilita­ción tamén permitirá poñer en valor o patrimonio etnográfic­o do municipio, onde, nos últimos anos, xa se levan reparado algún que outro deses singulares elementos. Unha vez restaurado —prevese que os traballos conclúan nas vindeiras semanas— o Muíño da Porta sairá do repouso ao que o abocaron os novos tempos. En efecto, lembran os veciños que «leva uns 43 anos sen moer».

Tres muíños máis

O Muíño da Porta atópase no rego de Lavandeira, un afluente do Ulla que, ao seu paso pola aldea de Penelas, forma unha considerab­le pendente na que a auga colle a forza precisa para moer. Non é casualidad­e que río abaixo do regato se conten outros tres muíños que dan conta do aproveitam­ento que, noutro tempo, tiveron os ríos dunha terra bendita pola auga como Galicia. Son os identifica­dos como Muíño do Medio, Muíño do Pombo e Esperanza, e Muíño do Fondo. Os tres, ao igual que moitas desas construció­ns esquecidas por toda a comunidade, non resistiron o paso do tempo, e atópanse en estado de deterioro. Desa situación é da que se está a rescatar o Muíño da Porta co reforzamen­to da súa estrutura, a colocación de marcos novos na porta de entrada, e un renovado tellado de lousa.

 ??  ?? Operarios municipais traballan na restauraci­ón da estrutura do muíño, emprazada na aldea de Pousada
Operarios municipais traballan na restauraci­ón da estrutura do muíño, emprazada na aldea de Pousada

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain