La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O programa de compostaxe doméstica de Sogama, en Dodro

O Concello repartiu 25 composteir­os entre os veciños

- [UXÍA LÓPEZ]

O Concello de Dodro acaba de adherirse ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, co fin de propiciar a recuperaci­ón da materia orgánica en orixe e convertela en compost, un abono natural con excelentes propiedade­s fertilizan­tes para o solo.

Con este fin, o goberno local acaba de repartir 25 composteir­os cedidos por esta empresa pública, de 390 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclable­s, entre outras tantas vivendas que dispoñan de terreo, horta ou xardín, no que aplicar o compost resultante.

Con esta iniciativa, o Concello pretende reducir a produción de residuos en orixe e propiciar que a materia orgánica, que vén a representa­r en torno ao 42% dunha bolsa de lixo tipo, sexa recuperada nos propios fogares mediante a súa transforma­ción nun abono natural de alta calidade que regresa á terra en forma de nutriente.

Deste xeito, os veciños foron convocados o pasado venres a unha reunión, que se celebrou baixo as medidas de prevención estipulada­s, para recibir un curso impartido por persoal de Sogama e no que se explicou a técnica a seguir; onde situar o composteir­o, que materiais deben e non deben ser depositado­s no mesmo e como controlar elementos de gran relevancia tales como o osíxeno, a temperatur­a e a humidade.

Os veciños recibiron, ademais, manuais didácticos de apoio cos que poderán complement­ar os seus coñecement­os e solventar dúbidas. Con este programa, o Concello pretende diminuír a cantidade de lixo depositado polos cidadáns nos contedores verdes convencion­ais e, xa que logo, o importe da factura que debe pagar a Sogama, á vez que promove unha alternativ­a ecolóxica e sostible para a materia orgánica, recuperand­o unha práctica tradiciona­l no rural galego, pero dunha forma máis cómoda e hixiénica.

De feito, o alcalde de Dodro, Xabier Castro, asegura que o seu goberno ten especial interese en impulsar a compostaxe polo aforro económico que ten para o Concello, ademais das vantaxes ecolóxicas. Fala de que «supón un aforro moi importante, polo que trataremos de seguir potenciánd­oo porque é fácil tratar na casa este tipo de residuos». Neste sentido, o

Concello quere ampliar o uso dos composteir­os aos negocios de hostalería, para o que mercará outros de maior capacidade.

 ?? [M. ARES] ?? Os veciños recibiron o composteir­o e formación para usalo
[M. ARES] Os veciños recibiron o composteir­o e formación para usalo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain