La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A Escola de Música de Rois bate récord de matrículas

Este curso son 80 alumnos que, na súa maioría, recibirán clases individuai­s

- [UXÍA LÓPEZ]

A Escola Municipal de Música de Rois iniciou o curso cun récord de alumnos matriculad­os: 80. É a cifra máis elevada dende que o Concello puxo en marcha este servizo e tendo en conta, ademais, o actual momento de pandemia. Deste xeito, todas as clases son individuai­s, agás as de Linguaxe Musical, Conxunto Instrument­al, Música en movemento e Coro, que terán un máximo de 5 persoas por grupo, segundo lles explicou o director ás familias nunha reunión previa ao comezo do curso a finais do mes de setembro.

Dende o Concello de Rois aseguran que están a facer unha aposta forte por manter as actividade­s deportivas e culturais neste curso e exemplo diso é a Escola de Música. Neste centro, tómaselle a temperatur­a a cada alumno antes de entrar; hai hidroxel e faise a desinfecci­ón dos instrument­os entre clase e clase para evitar a propagació­n da covid-19.

Como novidade, a Escola de Música de Rois ofrece ao seu alumnado maior de 12 anos a posibilida­des de estudar Harmonía e Creación Musical, que se suma á aprendizax­e dos numerosos instrument­os que se poden elixir no centro: batería, baixo eléctrico, frauta, óboe, saxofón, tuba, violín ou acordeón son algúns deles.

A escola ten, ademais, «prezos accesibles», de 20 euros pola matrícula anual e, por exemplo, 35 euros ao mes polas clases de instrument­o e linguaxe musical.

A escola de música incremento­u de xeito considerab­le a súa matrícula dende que no ano 2018 o Concello promovera o primeiro intercambi­o musical con Venecia, de modo que alumnado do centro e do Obradoiro de Cultura Tradiciona­l Chorima viaxaron ata Venecia para intercambi­aren experienci­as co alumnado da Escola Comprensiv­a Franca Ongaro e o Liceo Musical de Venecia.

 ?? [MERCE ARES] ?? As clases de conxunto instrument­al son das poucas que se imparten en grupo na escola
[MERCE ARES] As clases de conxunto instrument­al son das poucas que se imparten en grupo na escola

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain