La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Castriz, o territorio xalleiro sementado de mámoas

- [E. FORJÁN]

Cinco novas mámoas súmanse ao importante inventario arqueolóxi­co de Santa Comba. «Atopámolas grazas á colaboraci­ón dos rapaces da revista dixital O Son da Curuxa, que están a recoller abondosas lendas e toponimia da zona», sinala o arqueólogo xalleiro Lino Gorgoso, quen describe como o sábado 10 de outubro foron visitar unha «posible» mámoa, a das Medoñas do Couto, e de camiño «demos con outras catro». Todas elas están situadas á esquerda e dereita do Camiño Real, que unía as Terras do Xallas coas de Bergantiño­s, ou tamén chamado Camiño dos Arrieiros. Dende o Val do Dubra ata Coristanco, este camiño aparece cinguido de 16 túmulos ás súas beiras.

Lino Gorgoso salienta que tanto estes novos túmulos coma outros xa catalogado­s e presentes no Plan Xeral de Ordenación de Santa Comba «aparecen na contorna da braña da Serra, un espazo lacustre de gran relevancia, xa que enlaza coa ampla chaira da lagoa de Alcaián polo norte, e aínda hoxe conserva o aspecto de páramo desolado», agás pola creación de novos pastizais, que dito sexa de paso «son os que arrasan os túmulos», polo emprego de nova maquinaria.

O arqueólogo xalleiro subraia a importante colaboraci­ón da xente de Boaña de Castriz: «Grazas a eles, somos quen de aportar os nomes e a súa ubicación». As cinco mámoas pendentes de catalogar, todas elas na aldea de Boaña de Abaixo, na parroquia de San Pedro de Castriz, son as seguintes: O Bogallón / A Camposa da Pena Pequena, de 18 por 19 metros e apenas 19 centímetro­s de altura, e atópase moi erosionada polas recentes labores de reforestac­ión; As Medoñas do Couto / As Pedras do Briso, de grandes dimensións, que podería acadar ata 31 metros de diámetro, e que presenta un alzado de apenas un metro, pero que foi rebaixada cando se fixo prado. As pedras do Ouro / Porto Paramos 1, está totalmente arrasada, aos pés do Camiño Real, pero estímase que mediu preto dos vinte metros e acadou un metro de altura nos anos 90. As pedras do Ouro Porto Paramos 2, cun diámetro de sete metros e unha elevación de setenta centímetro­s da rasante. E, finalmente, a das Pedras do Ouro / Porto Paramos 3, que sería o que nomea o conxunto.

 ??  ?? Panorámica da mámoa Avieira Vella, que tamén forma parte do patrimonio histórico de Castriz
Panorámica da mámoa Avieira Vella, que tamén forma parte do patrimonio histórico de Castriz

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain