La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Rois é pioneiro nas aulas de apoio educativo

Ofértaas dende o ano 2017 como un espazo para aprender os escolares e tamén para seren escoitados

- [UXÍA LÓPEZ]

O Concello de Rois foi pioneiro no ano 2017 na posta en marcha das aulas de apoio educativo, un servizo de reforzo escolar a menores con dificultad­es no proceso de aprendizax­e. O programa está financiado polo Concello e polo Fondo Social Europeo, a través da Xunta. A responsabl­e do mesmo é a educadora familiar Uxía Pérez e as clases son impartidas pola psicóloga Ana Rodríguez Chouza. Dende o seu comezo, xa beneficiar­on a escolares de 21 familias.

Segundo explica a educadora familiar, o Concello decidiu ofertar este servizo debido a que no municipio existe un colectivo de menores con fracaso escolar, moitos dos que proveñen de familias en risco de exclusión social. Deste xeito, dende os Servizos Sociais, xunto cos departamen­tos de Orientació­n dos dous colexios do municipio, «detectaron a necesidade de programar accións de reforzo escolar para este perfil de alumnado», sinala Uxía Pérez.

Así, os obxectivos fundamenta­is son lograr reducir o fracaso escolar; introducir hábitos de estudo; mellorar a autoestima; fomentar a autonomía e as habilidade­s sociais, ademais de involucrar ás familias nos procesos de ensino e aprendizax­e dos seus fillos.

Educadora familiar e psicóloga explican que a aula constitúe «un espazo non só de reforzo estritamen­te académico, senón tamén de escoita activa a un colectivo vulnerable por parte dunha profesiona­l da psicoloxía». Así, coinciden en que a actividade «é unha oportunida­de para que o alumnado atope apoios na superación das etapas escolares e, do mesmo xeito, se escoite de maneira activa as súas inquietude­s, medos e ilusións para a construció­n positiva das persoas».

Hai, ademais, un traballo previo con reunións coa responsabl­e do departamen­to de Orientació­n escolar para establecer liñas de traballo consensuad­as entre os titores e a técnico de apoio.

 ?? [MERCE ARES] ?? Ana Rodríguez (esquerda) é a psicóloga e Uxía Pérez é a educadora familiar do Concello
[MERCE ARES] Ana Rodríguez (esquerda) é a psicóloga e Uxía Pérez é a educadora familiar do Concello

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain