La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dodro sostible: a marca que goberna o desenrolo local

O Concello aposta por unha política respectuos­a co medio ambiente

- [UXÍA LÓPEZ]

O Concello de Dodro aposta por un modelo de desenvolve­mento local sostible. Deste xeito, ten en marcha un proxecto integral e multidisci­plinar baixo o nome de Dodro Sostible, co obxectivo de poñer o foco sobre a necesidade de coidar o medio ambiente e de por en valor os recursos naturais do municipio. «Todas as actuacións que facemos no Concello están pensadas para ter un impacto mínimo no medio ambiente ou, se o teñen, que sexa favorable», sinala o alcalde Xabier Castro, que na presentaci­ón da iniciativa pediu a participac­ión dos veciños para que o proxecto sexa un éxito xa que, di, «o equipo de goberno non quere que a redacción destes instrument­os de xestión se queden en meras declaració­ns de intencións a longo prazo».

O programa Dodro Sostible de-senrola rase ao longo de todo este ano, con posibilida­de de continuida­de en seguintes exercicios. A idea é facer accións coincidind­o coas datas mundiais en defensa do medio natural. Ten un triplo obxectivo: atraer a atención da poboación sobre os problemas do medio ambiente; conciencia­r sobre a necesidade da súa protección e conservaci­ón e poñer en valor os recursos naturais de Dodro.

Para iso poñerá en marcha unha campaña de comunicaci­ón nas redes sociais e noutros formatos, coincidind­o con datas a ambientais sinaladas para darlle visibilida­de.

Neste programa xogan a favor, ademais, outras iniciativa­s que xa ten en marcha o Concello na liña de ir cara un territorio sostible.

Entre elas destaca o plan de mobilidade; a xestión da biomasa; a compostaxe doméstica e a adquisició­n de colectores para reciclar; obras de saneamento e a mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularida­de municipal.

 ?? [MERCE ARES] ?? Un dos obxectivos é por en valor os recursos naturais de Dodro, como as Brañas de Laíño
[MERCE ARES] Un dos obxectivos é por en valor os recursos naturais de Dodro, como as Brañas de Laíño

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain