La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

La triplista campeona pide unas instalacio­nes dignas

Esta firme promesa do atletismo español adestra nunha pista de terra cun foso, á espera de que se faga unha zona con tartán

- [EMILIO FORJÁN]

Alba Cuns, a triplista de Negreira que con 14 anos bateu a marca que á súa idade tiña a consagrada Ana Peleteiro, con 11,72 metros, segue acrecentan­do o seu currículo con novos títulos; agora na disciplina dun club de prestixio como é o Playas de Castellón, pero co seu adestrador de sempre, José Manuel García Estévez. Con 16 anos, o seu último título é o de campioa de España sub-18 en pista cuberta, o pasado 13 de marzo no Palau Sant Jordi (Barcelona), con 12,43, aínda que a súa mellor marca é de 12,55 metros. E mentres, o Concello segue agardando o compromiso da Xunta para axudar a construír un módulo de atletismo.

—Querías facer o bacharelat­o internacio­nal este curso...

—Si, pero era imposible compaxinar as clases, que son de tarde, cos adestramen­tos. Unha mágoa porque o internacio­nal abre as portas a poder estudar no estranxeir­o, o que no deporte é unha vantaxe, por contar con becas.

«Non vale dicir que o intentarem­os se logo non ves que fagan unha instalació­n» «Gustaríame estudar no estranxeir­o pois permite ter becas para o deporte»

—E como van os estudos?

—Estou facendo primeiro de bacharelat­o científico en Negreira e vanme ben. De feito, despois de viaxar a Barcelona cheguei o luns e tiña un exame sorpresa de anatomía aplicada que non puiden preparar. Aínda así, quitei un 8,7.

—Creo que tes clara a carreira que queres facer.

—Estou pensando nunha Enxeñaría de Camiños, aínda que este ano entroume o interese pola Enxeñaría Informátic­a. Sei que require esforzo, pero gustaríame facer unha enxeñaría.

—Cóntanos que pasou co último campionato?

—Viñamos de gañar o ouro nacional en Tarragona na pista ao aire libre, no mes de outubro. Todo ía moi ben e iniciamos temporada con marca persoal, pero vinte días antes xurdiu un problema adestrando fóra. Coloquei mal o pé nunha plataforma e tiven unha escordadur­a que complicou a preparació­n nas últimas semanas, que é

cando hai que afinar a forma física. —Pero ganaches con solvencia.

—De inicio pensabamos pelexar por estar no podio unha vez que podía saltar, pero non contabamos co primeiro posto. Como que esta medalla sóubome mellor ca outras. —Cantas medallas nacionais levas?

—En pista cuberta teño dúas de ouro e unha de bronce; e ao aire libre, dúas de ouro e unha de prata. E ademais, un título de campioa de España por federación­s. Aparte están os títulos autonómico­s no triplo, e tamén en velocidade nos 60 metros e en lonxitude. —Que é o máis complicado dunha final?

—O que máis afecta é empezar cun nulo ou empezar cun salto válido. Cando empezas cun nulo os seguintes intentos teñen que ir a asegurar un válido e intentar colocarse nunha mellora. Temos tres

saltos todas, e as oito mellores outros tres, aínda que desta vez afectaba menos facer un nulo ao principio porque pola covid tiñamos todas seis saltos. —E que pensas dos medios precarios que tes?

—Cando se fixo o foso exterior, para min era marabillos­o, e ter un ximnasio como o do instituto é un luxo, pero necesitamo­s ir máis á pista para evitar os problemas, xa que aquí as condicións son pésimas. Gustaríame, e non só por min, que houbese algunha instalació­n e os rapaces puidesen practicar nela. —Cres que é inxusto?

—Non sei o que falta para facela, pero non nos vale dicir que o intentarem­os se logo non ves nada.

 ??  ??
 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? A negreiresa Alba Cuns ten medios precarios para adestrar na súa vila pese á súa categoría como campioa nacional de triplo salto sub-18
[PACO RODRÍGUEZ] A negreiresa Alba Cuns ten medios precarios para adestrar na súa vila pese á súa categoría como campioa nacional de triplo salto sub-18

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain