La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Rois quere por en valor as pegadas de Rosalía no concello

Traballa para divulgar un espazo que figura no seu poemario

- [UXÍA LÓPEZ]

Enlazar a obra de Rosalía de Castro con Rois levou ao Concello a descubrir unha paisaxe de ribeira de incrible beleza, en parte por estar intacta debido ao descoñecem­ento en xeral da mesma e tamén a que non chegan os coches ata ela. Coa axuda impagable do veciño e artista Camilo Seira, os departamen­tos de Cultura, Deportes e Normalizac­ión Lingüístic­a localizaro­n os Fondóns, unha zona de Seira que aparece nun dos poemas do libro de Rosalía titulado En las Orillas del Sar e que o Concello quere agora divulgar e poñer en valor.

A carón deste río, unha vez pasada a desembocad­ura no mesmo da canle do Rois, atópase unha zona case virxe, de flora autóctona que leva a un rego no que o Concello colocou unha placa con motivo do Día de Rosalía, 24 de febreiro, e na que se pode ler o poema no que a escritora fai mención a Fondóns. Xunto co alcalde Ramón Tojo, ata alí foi tamén para descubrir a placa o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

Esta primeira intervenci­ón do Concello de Rois dará pe a outra de ámbito comarcal, que pasa por sinalizar un ruta polos tres concellos do Sar e polos puntos que aparecen no poemario de Rosalía, de modo que responsabl­es políticos de Padrón e Dodro xa visitaron a zona. Esta pasa por un rego que, segundo recolleu de persoas maiores a tamén veciña Nina Alvela, que foi xerente da desapareci­da Fundación Pro-Patrimonio de Rois, abastecía de auga a sete muíños. No rego hai unha ponte cunha pedra cun buraco no medio no que, ao parecer, a xente metía a roupa de persoas enfermas, sobre todo nenos, para sacarlle o mal. De camiño a casa, se alguén lle falaba a esa persoa rompíase a pureza da limpeza e tiña que repetir o ritual, segundo relata Camilo Seira, que ve relación entre esta práctica e o propio poema de Rosalía no que se fala dos Fondóns.

A maiores, o alcalde de Rois encargoull­e ao escultor de Seira unha ponte para cruzar un rego situado máis adiante e que formaría parte da ruta que tratan de poñer en valor os tres Concellos. No caso de Seira, en Rois, é toda unha zona para descubrir, incluídos os propios veciños, e para evocar os tempos e a figura de Rosalía: como serían esas terras cando elas as pisou. Esa pegada quedou descrita En las orillas del Sar.

 ?? [M. ARES] ?? Camilo Seira e os técnicos do Concello, na paraxe de Fondóns
[M. ARES] Camilo Seira e os técnicos do Concello, na paraxe de Fondóns

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain