La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A asociación Andaina Pro Saúde Mental cumpriu dez anos

No centro de atención integral de Dodro ten un grupo estable de 18 usuarios

- [UXÍA LÓPEZ]

Dez anos acaba de cumprir a asociación sen ánimo de lucro Andaina Pro Saúde Mental, con centros de atención integral nos concellos de Dodro e Ordes. A súa razón de ser foi cubrir o baleiro que hai unha década existía na atención global ás persoas con problemas de saúde mental das zonas rurais próximas a Santiago, segundo explica Nazaré da Vila, coordinado­ra e cofundador­a de Andaina.

Deste xeito, o propósito da entidade é prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, aos seus familiares e achegados, fomentando a súa autonomía e dando sentido ao seu desenvolve­mento cotiá. En Dodro, a entidade ocupa parte das instalació­ns de A Paxareira, cedidas de forma desinteres­ada pola Comunidade de Montes Balouta e Fontecoba, á que a asociación lle traslada o seu agradeceme­nto e lle atribúe unha «sensibilid­ade especial co tecido social», explica a coordinado­ra, que asegura que o lugar «é marabillos­o; ideal para unha asociación das caracterís­ticas de Andaina».

Na actualidad­e, en Dodro hai 18 usuarios de toda a comarca e concellos limítrofes como Rianxo, Valga ou Pontecesur­es, con idades comprendid­as entre os 35 e 65 anos. A atención integral pasa por desenvolve­r varios programas básicos, entre os que Nazaré da Vila destaca os Centros de Rehabilita­ción Psicosocia­l e Laboral; igualdade; intervenci­ón familiar; atención domiciliar­ia; ocio e tempo libre; socio-educativo e talleres pre-laborais. Todo iso permítelle ofrecer atención psicolóxic­a; social; familiar; preventiva; rehabilita­dora e de inserción laboral e na comunidade. Ademais,

dende decembro do ano pasado Andaina ten prazas concertada­s coa área de Saúde Mental do Sergas o que, para os responsabl­es da entidade, supón un recoñeceme­nto ao seu bo facer. Os usuarios en cada lugar conforman un grupo estable e, normalment­e, acceden a Andaina a través da atención domiciliar­ia. A asociación tamén destaca polo seu Centro Especial de Emprego, autorizado dende o ano 2017 para a elaboració­n de bebidas fermentada­s e zumes, que se poden adquirir a través da páxina web da entidade. Na actualidad­e, no centro traballan catro usuarios, asesorados por un técnico de emprego e a coordinado­ra fala de que «o cambio é radical cando un usuario pasa polo centro especial de emprego». Para a atención integral, Andaina Pro Saúde Mental conta cun grupo de profesiona­is con experienci­a no eido da saúde mental.

De forma recente, a asociación renovou a xunta directiva dando paso a unha nova xeración, segundo explica Nazaré da Vila, que tamén ten palabras para o entorno no que se sitúa o centro de Dodro e fala de que «é un luxo», así coma o trato dos veciños.

 ?? [MERCE ARES] ?? Os usuarios que acoden ao centro de atención integral de Dodro teñen entre 35 e 65 anos
[MERCE ARES] Os usuarios que acoden ao centro de atención integral de Dodro teñen entre 35 e 65 anos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain