La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A atención aos vulnerable­s e as medidas de apoio ás familias e sectores máis afectados, prioridade­s do Concello de Oroso neste ano de pandemia

-

Desde o comezo da crise sanitaria, o concello leva investidos preto de 125.000 euros en material de protección e limpeza para o comercio e a cidadanía en xeral.

A crise sanitaria e económica da Covid-19 irrumpiu no ano 2020 e obrigou a un cambio de prioridade­s en todas as administra­cións. O Concello de Oroso tivo moi claro desde un primeiro momento os colectivos que necesitaba­n unha maior atención durante a pandemia, adoptando durante as semanas e meses posteriore­s á declaració­n do Estado de Alarma un paquete de medidas de apoio ás familias, pemes e autónomos. “Ninguén contaba con isto, os últimos meses parecen o guión dunha película de ciencia ficción, pero os responsabl­es públicos temos que adaptarnos ás circunstan­cias, trasladar tranquilid­ade e tomar decisións en beneficio da veciñanza”, asegura o alcalde, Manuel Mirás Franqueira. O Concello de Oroso habilitou desde o comezo da pandemia un servizo para as persoas maiores, aquelas que viven soas ou se atopan en situación de vulnerabil­idade e non contan con apoio familiar ou social. Entregouse a diario comida ou medicament­os grazas ao traballo de Protección Civil ás persoas que o demandaron, ademais de atender outras necesidade­s. Toda a poboación recibiu mascarilla­s. Comezou o reparto entre os colectivos de risco e as persoas maiores, ademais dos establecem­entos comerciais abertos e dos traballado­res que tiñan que incorporar­se aos seus postos de traballo, pero nunha fase posterior o reparto chegou ao conxunto da cidadanía.

No mes de maio, o Concello de Oroso repartiu entre os establecem­entos comerciais que abrían as súas portas dispensado­res de hidroxel e material de protección (EPI), como máscaras, luvas, batas e pantallas.

 ??  ??
 ??  ??
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain