La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Do paseo fluvial á ruta das Penicias de Rois e as Brañas de Dodro

-

Padrón ten máis espazos naturais para coñecer que o Santiaguiñ­o do monte. Entre eles está o Xardín Botánico, a desembocad­ura do río Sar, un lugar que depara grandes vistas ao atardecer, ou tamén a ruta das pesqueiras de lampreas en Herbón, esta menos coñecida e pisada incluso polos propios veciños da parroquia e do concello.

Aos atractivos naturais de Padrón súmanse os do restos do Sar, unha comarca especialme­nte rica en paraxes. En Rois, por exemplo, está en auxe a chamada ruta das Penicias, que discorre en torno ao río Rois. Neste concello tamén destaca a ruta do Castro Lupario que, neste caso, conxuga natureza e historia, con visita incluída ao Pazo do Faramello.

Dodro destaca tamén polas súa rutas naturais e mesmo literarias, coma a de Pensa Nao ou a de Eusebio Lorenzo Baleirón. Non falta, ademais, un percorrido polas Brañas de Laíño, espazo emblemátic­o do concello.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain