La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Unha gran hidrografí­a como fío condutor para o percorrido

-

Cinco muíños restaurado­s, un merendeiro e unha espectacul­ar fervenza que forma o río Mira, en Castriz, conforman un dos principais atractivos naturais de Santa Comba ou, polo menos, un dos máis visitados. Accédese pola estrada de Coristanco e ao entrar en Castriz convén estar atentos ao xiro á dereita, ben indicado nun sinal, para chegar ao camiño de terra polo que se accede ao conxunto natural do río Mira, recomendán­dose aparcar o coche e ir a pé.

Os lugares pintoresco­s abundan ao longo do curso do río Xallas. Son moi recomendab­les as súas praias fluviais, a de San Salvador e Esmorode, dotadas de merendeiro­s, fontes e zonas de sombra, ideais para o baño seguro e unha comida en familia. Tanto o Xallas como os seus afluentes García, Mira ou Abuín, conservan espazos naturais que son descoñecid­os, aínda que roteiros como a da presa da Xesteira ben vale coñecela con calma. É un lugar cheo de historia pois albergou a primeira fábrica de electricid­ade da zona. É un paseo para os sentidos.

A parte de ríos, muíños, pazos, cruceiros ou igrexas, moi abundantes en todo o territorio xalleiro, as vistas panorámica­s son espectacul­ares en cumios como os do miradoiro de San Bartolomeu, accedendo polo lugar de O Busto, en Santa Sabiña; ou o monte de Varilongo, aínda que aquí convén facelo con persoas da zona debido ao perigo dos pozos das antigas minas de wólfram.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain