La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O colexio de Dices, en Rois, estreará cuberta e ventás

-

[UXÍA LÓPEZ] Era o ano 1981 cando Rois estreaba o primeiro edificio de Educación Primaria de Os Dices, ao que uns anos despois se sumaría o que hoxe se coñece como administra­tivo e máis tarde o de Secundaria. Nos dous primeiros deles, a Xunta renovará este verán a carpinterí­a de aluminio e a cuberta, que tamén cambiará no de Secundaria.

Para todo iso, o Goberno galego fará un investimen­to de máis de 464.000 euros e a actuación iniciarase este verán para que estea rematada en dous meses. Deste xeito, está previsto a substituci­ón do acabado de cubertas existente, de placas de fibrocemen­to, por paneis de aceiro con illante intermedio, así como a renovación dos calóns e baixantes. O proxecto inclúe tamén a substituci­ón das carpinterí­as exteriores e persianas. Colocarase unha nova carpinterí­a de aluminio anodizado con apertura oscilo batente e con dobre acristalam­ento.

A obra foi anunciada polo delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, quen asegura que esta importante actuación ten por obxectivo primordial mellorar o confort dos alumnos e profesores que cada día interactúa­n no centro e vai na liña das pautas marcadas no Plan da Nova Arquitectu­ra Pedagóxica de Galicia do Goberno galego, que está en fase de diálogo con diversos colectivos para o seu enriquecem­ento. Trenor lembrou que a Xunta ten «a obriga e a responsabi­lidade de coidar a máximo os centros educativos, xa que é o lugar onde os nosos fillos pasan a meirande parte do seu tempo, e non só para a adquisició­n de coñecement­os, senón onde interactúa­n cos seus compañeiro­s, onde xogan e onde aprenden a socializar».

Pola súa banda, o alcalde de Rois agradécell­e á Xunta este forte investimen­to no CPI dos Dices, que vai «redundar nunha mellora da calidade educativa no concello de Rois», sinalou. O rexedor indica, que para o vindeiro curso, alumnado e profesorad­o de Rois poderán «volver estrear un novo centro, con importante­s melloras, aínda que o edificio teña xa corenta anos». A obra no colexio súmase a que un ano antes se fixo no pavillón municipal, situado de lado, e onde tamén se renovou a cuberta, cun investimen­to que rondou os 100.000 euros.

 ?? [MERCE ARES] ?? O investimen­to nas obras do colexio de Rois, que se realizarán este verán, é de 464.000 euros
[MERCE ARES] O investimen­to nas obras do colexio de Rois, que se realizarán este verán, é de 464.000 euros

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain