La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Brañas de Laíño: lugar de traballo ou para a natureza

O Concello está asesorándo­se sobre os usos que pode ter o espazo abandonado

-

[UXÍA LÓPEZ] O debate sobre un posible uso das Brañas de Laíño está aberto por primeira vez en moito tempo, grazas a unha xornada organizada polo Laboratori­o Ecosocial do Barbanza, un proxecto da Universida­de de Santiago de Compostela, da man do grupo de investigac­ión Histagra, e a Fundación RIA.

¿Lugar para a natureza ou de traballo? Esa é a cuestión. Entre os veciños non hai consenso ao respecto, pero si o hai en que o espazo non pode permanecer no estado de abandono ao que chegou. Neste senso, o goberno local contactou coa Demarcació­n de Costas de Galicia para ver as posibilida­des de usos que podería ter as brañas, consultas que repetiu semanas atrás e que di que continuará­n no futuro para «explorar as posibilida­des de novos usos e aproveitam­entos», en palabras do alcalde Xabier Castro.

Ademais, o Concello quere contactar con Patrimonio Natural da Xunta a efectos de coñecer como afecta a declaració­n de Rede Natura 2000 en canto a usos permitidos porque entende que o que se pretendía se estaría completame­nte permitido, en alusión a aproveitam­entos de tipo gandeiro respectuos­os co medio natural, como sucede co gando dunha familia do concello que está nas fincas previas ás brañas.

De ser así, a gandería, aínda que sexa de carne, entroncarí­a cos usos anteriores cando foi unha gran despensa de herba verde, tan grande que en Laíño se creou a primeira cooperativ­a láctea de Galicia, foi unha potencia na produción de leite nos anos 1920, cuns 400.000 litros ao ano, e na cría de bois cebóns. De feito, empresas como a Nestlé están vinculadas a esa condición destacada de Laíño, segundo se deixou constancia na xornada do Laboratori­o Ecosocial Barbanza.

Por iso, esta entidade propuxo conxugar a conservaci­ón natural do espazo co seu aproveitam­ento con retorno. «Os cambios de uso déronse no pasado e é posible que se volvan a dar para mantelo vivo e protexido e a xente é parte desa protección», sosteñen os promotores do estudo feito arredor dun espazo que identifica a Dodro. De feito, na xornada falouse de que o abandono total do lugar non contribuíu á protección da riqueza natural, da fauna e da flora, xa que, por exemplo, hai especies en perigo de desaparici­ón.

«Estamos vendo con Costas e a Xunta as posibilida­des de aproveitam­entos»

 ?? [MERCE ARES] ?? Nas campías previas ás brañas xa hai gando de carne
[MERCE ARES] Nas campías previas ás brañas xa hai gando de carne

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain