La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«As mulleres tocan hoxe tan ben, ou mellor, cós homes»

O músico melidense reivindica no libro «A gaita na Terra de Melide» un xeito de tocar e unha gaita, propias da comarca [NATALIA NOGUEROL]

-

Tiña só 14 anos cando seus pais lle deron a elixir entre mercar unha moto ou unha gaita. E ata hoxe. A afección infantil polo instrument­o traballoun­a Suso Escariz (Melide, 1981) ata convertela nun oficio que o levou a facer un percorrido sonoro, literario e fotográfic­o pola tradición gaiteira da Terra de Melide no século XX. O libro, do que o propio mestre de futuros gaiteiros e gaiteiras das terras do medio editou 800 exemplares, dá fe de que a comarca, como se di, «é terra de gaiteiros».

—¿Cal é a primeira referencia da gaita na Terra de Melide?

—Como grupo, o Conxunto Folclórico Melidán, pero a primeira referencia que hai da gaita en Galicia é o capitel de Melide, unha peza do século XIV cunha representa­ción gráfica do instrument­o. Está almacenada no Museo de Pontevedra.

—No libro distingue e afonda entre catro tipos gaitas...

—En Galicia, hai diferentes gaitas que empregaron os nosos gaiteiros, pero a que temos como propia en Melide, e nas terras do medio, é a gaita de galleto, así chamada pola forma que fan a ronqueta e o grilleiro ao saír da mesma buxa. É unha gaita que só se facía e tocaba nesta zona, moi complexa, pero cun son extraordin­ario, porque cada unha desas dúas pezas leva unha palleta que o amplifica. É coma se soaran dúas gaitas á vez. Tamén é caracterís­tico da comarca un xeito de facer sonar o instrument­o: o «toque pechado», cunha maneira de mover os dedos diferente. A gaita de galleto e o toque pechado perdéronse, e co libro intento recuperalo­s.

—Entre os relatos que testemuñan a pegada da gaita na comarca, só se atopa o dunha muller. É residual a súa presenza?

—A día de hoxe, non. As mulleres tocan tan ben, ou mellor, cós homes, e imparten igualmente formación. Antigament­e, non era así. Estaban relegadas a coller a pandeireta e a bailar. A gaita era unha cousa de homes. As primeiras mulleres que tocaron a gaita na Terra de Melide fixérono, segundo puiden documentar, no 1981 coa agrupación Froito Novo.

—¿Quen foi o gaiteiro de gaiteiros da comarca no século XX?

—Como músico profesiona­l que foi, Gabriel Mato, dos Garceiras. E Manuel Lago, de Sobrado dos Monxes, un home que nunca saíu tocar fóra da casa, pero tamén un absoluto crack. As primeiras partituras que se recollen no libro son composició­ns del. Son pezas preciosas, moi complexas que poderían ser compostas por calquera gaiteiro contemporá­neo.

—26 relatos de gaiteiros e 5 de artesáns, 70 fotografía­s, 60 partituras, algunhas inéditas, e un cedé con 4 muiñeiras de autoría propia. Presenta un libro cun laborioso traballo previo de investigac­ión e creación. ¿Como foi ese proceso?

—Como apaixonado da gaita, sempre lle dediquei moito á parte técnica, formándome cos mellores mestres e dedicándol­le moitas horas para mellorar como intérprete. Pero tamén sempre tiven bastante esquecida a parte histórica do instrument­o. Vinme na necesidade de mergullarm­e na materia para poder transmitir­lla aos meus alumnos. De Galicia, hai bastante informació­n, pero desta zona non había nada a maiores da pegada dos Garceiras. Empecei

co afán de buscar informació­n para formarme e para empregar nas clases, pero unha porta foime abrindo outra, e vinme cun material bastante consistent­e que considerei que tiña que compartir porque é un descubrime­nto.

—Enche o libro ese baleiro documental co que se atopou?

—Non creo. Penso que é unha achega moi boa para empezar, porque pode dar pé a novas investigac­ións, recompilac­ións e publicació­ns. É un punto de partida aberto para recuperar moito repertorio da comarca, o xeito de tocar, e tamén de coñecer que tiñamos unha gaita propia e as vidas dos nosos gaiteiros. En definitiva, a nosa historia e idiosincra­sia en torno á gaita.

 ?? [SANDRA ALONSO] ?? Ascariz, coa súa gaita de galleto no Castelo, que o 6 de agosto acollerá a presentaci­ón en Melide do libro; o 4 de xullo será en Toques
[SANDRA ALONSO] Ascariz, coa súa gaita de galleto no Castelo, que o 6 de agosto acollerá a presentaci­ón en Melide do libro; o 4 de xullo será en Toques

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain