La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«O peregrino move moito en Padrón»

A panadería e pastelería San José, con tres tendas no Camiño, adapta os seus produtos a esta demanda

-

[UXÍA LÓPEZ] Albergues, hostais, menús especiais, tendas con produtos especializ­ados... e ata unha lavandería autoserviz­o. Son algúns dos servizos que os peregrinos poden atopar en Padrón, onde a actividade económica está moi centrada no Camiño, sobre todos nos meses de primavera e verán.

Así o corroboran dende a Panadería Pastelería San José, con obradoiro en Rois e con tres das súas catro tendas situadas no Camiño de Santiago. Entre elas a de Padrón, na zona de Fondo de Vila, onde o peregrino está moi presente dende a apertura do establecem­ento hai case seis anos. No camiñante pensaron á hora de decidir algo tan fundamenta­l como o horario de apertura: «Ás sete e media da mañá non hai case nada aberto en Padrón, nós xa estamos descargand­o a mercancía e xa chegan os primeiros camiñantes », explica Paloma Bustelo Vidal que, xunto a súa irmá Eva, son as titulares da empresa. Ese horario adiántase ás sete na fin de semana, unha hora a que os peregrinos botan a andar cara a Santiago de Compostela ou mesmo pasan os que non fixeron noite en Padrón.

«Entran pola zona da praza de abastos, ven luz na tenda e xa entran a preguntar», conta Paloma Bustelo. Fronte ao escaparate do local hai, ademais, un banco que foi instalado pensando expresamen­te no camiñante.

A panadería e pastelería tamén adaptou algúns dos seus recoñecido­s produtos para que os poidan gozar tamén os peregrinos ao par que fan o camiño. Exemplo diso é a torta de queixo, que normalment­e vende enteira pero que reproducir­on en tartaletas para que a poidan degustar no camiño. A torta de Santiago tamén a serven por porcións, para que poidan gozala e mesmo as propias empanadas se poden adquirir por cuartos. «A xente de fóra quere comer empanada», aseguran as titulares do negocio.

A todo iso hai que sumar unha ampla variedade de produtos que teñen como destinatar­io principal os peregrinos e turistas. Entre eles destacan a marmelada de pementos de Herbón, a cervexa elaborada con eles e mesmo recordos do paso de Padrón feitos pola Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacid­ade Intelectua­l do Sar (Amipa), como marcapáxin­as. Non pode faltar produtos relacionad­os con Rosalía de Castro, figura que ten un lugar destacado nesta panadería e pastelería.

Nela tamén é posible selar a Compostela, cun cuño especialme­nte deseñado para San José. A pe do Camiño, nesta tenda corroboran que o peregrino «move moito en Padrón».

 ?? [MERCE ARES] ?? Paloma Bustelo Vidal e a súa irmá Eva son as titulares da coñecida panadería e pastelería
[MERCE ARES] Paloma Bustelo Vidal e a súa irmá Eva son as titulares da coñecida panadería e pastelería

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain