La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«A lavandería era un servizo que nos pedían os camiñantes»

«O peregrino quere chegar a Santiago con roupa limpa e marchar con todo lavado», afirma o chef José Antonio Rivera

-

[U. LÓPEZ] Hai cinco anos, o hotel restaurant­e Chef Rivera, fundado polo recoñecido cociñeiro José Antonio Rivera, decidiu abrir a primeira lavandería autoserviz­o de Padrón e fíxoa coa idea de atender ao peregrino.

«Era algo que nos pedían os camiñantes que se aloxaban no hotel, pero tiña o inconvenie­nte de que se tiña que prestar o servizo dun día para outro, algo inviable para o peregrino», explica José Antonio Rivera. El estivo emigrado hai uns 50 anos e pensou naqueles tempos, nos que ía lavar a roupa un día á semana en locais con máquinas e pensou por que non facer o mesmo en Padrón, en principio para dar un servizo ao peregrino pero agora tamén para a poboación en xeral.

«Está tendo moito uso», asegura o chef, sobre todo as máquinas pequenas de dez quilogramo­s, engade. Todas inclúen lavado con xabón, deterxente e desinfecta­nte (osíxeno activo), a dous euros no caso de dez quilogramo­s e cinco no caso de vinte. «É máis barato que na casa», di.

Cre que o servizo é moi demandado polos peregrinos por ser Padrón a última etapa antes de chegar a Santiago. «Ata aquí o camiñante vai aguantando coa roupa da maneira que pode, pero logo quere chegar a Santiago con ela limpa e marchar con todo lavado», asegura. Cando decidiu abrir a lavandería autoserviz­o era consciente de que os albergues contan con lavadoras, pero asegura que son de uso doméstico e non industrial e que non dan abasto para todas as persoas aloxadas.

 ?? [MERCE ARES] ?? O Chef Rivera, no servizo de lavandería que ten en Padrón
[MERCE ARES] O Chef Rivera, no servizo de lavandería que ten en Padrón

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain