La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O mar homenaxea a Rosalía coa «Inchadiña Branca Vela»

-

[C. M.] Dende fai nove anos, a xente do mar fai a súa propia distinción a Rosalía cunha remontada organizada pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna de Arousa. Desta vez participar­on quince embarcació­ns tradiciona­is das rías de Vigo, Pontevedra, Arousa, Ribadeo e A Guarda. En total, nove dornas, un galeón, un «volanteiro», dúas bucetas, un carocho e un bote de Ribadeo remontaron o río Ulla e o Sar ata Padrón.

Grazas a unha marea e un vento favorables, a xornada do 24 de xullo transcorre­u sen incidentes. O itinerario empezou ás tres da tarde na praia fluvial de Vilarello, en Valga, e acabou en Padrón, onde se rendeu homenaxe á poeta diante da súa estatua no paseo do Espolón.

Na navegación participar­on a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a deputada de Lingua na mesma institució­n, María Ortega, e o secretario xeral de Política Lingüístic­a, Valentín García. O evento finalizou coa actuación do grupo portugués Canto d’ Aqui, cerrando as

Converxenc­ias Galicia-Portugal.

A primeira vez que se celebrou a remontada foi no ano 2013, con motivo do 150 aniversari­o de «Cantares Gallegos». A obra foi tomada como referente pola xente da cultura marítima para honrar á autora, porque nela diríxese ás dornas que subían o río Ulla nos seus tempos.

A actividade formou parte da programaci­ón especial do cincuenta aniversari­o da Casa-Museo de Rosalía de Castro, que se retomará coa chegada do outono ata xullo do 2022.

 ??  ?? Na «Inchadiña Branca Vela» participar­on quince embarcació­ns
Na «Inchadiña Branca Vela» participar­on quince embarcació­ns

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain