La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Padrón acondicion­a neste tempo máis de 80 hectáreas de pistas

Dous tractores do Concello e persoal a man limpan os espazos públicos

-

[UXÍA LÓPEZ] Chegada a primavera, os Concellos teñen no acondicion­amento de pistas e espazos públicos unha das súas principais tarefas. Padrón non é unha excepción, senón un exemplo máis do grande traballo que supón ter limpos eses espazos. De acordo con datos facilitado­s polo concelleir­o de Obras e Servizos, José Ramón Pardo, desde mediados de abril ata finais de setembro, neste municipio límpanse arredor de 80 hectáreas de pistas de forma mecanizada con dous tractores.

A maiores están masas comúns como a área recreativa do Santiaguiñ­o

do Monte, a azucreira, a desembocad­ura do río Sar e os recintos de escolas unitarias e centro sociais. Xunto cos tractores incorpóras­e persoal para realizar o traballo a man, normalment­e unha brigada subvencion­ada a través da Deputación e formada por entre catro e seis persoas.

«Non se dá feito», asegura José Ramón Pardo, en alusión a que hai espazos que mesmo son limpos dúas veces e nos que segue medrando a herba. «Antes ás aldeas non se ía e era máis fácil ter todo limpo, pero agora vaise unha por unha», engade o concelleir­o de

Obras e Servizos, quen conta que un veciño lle dixo nunha ocasión que «creáramos un monstro», en alusión a empezar a ir a limpar ao rural. «Os veciños agora non limpan nada e por iso se vai», precisa o representa­nte do goberno local, a quen lle custa entender todas as críticas que hai en torno a espazos sen limpar, moitas veces centradas no casco urbano cando Padrón é moito máis, di.

Tamén fala de que o acondicion­amento de pistas e espazos públicos supón un enorme esforzo para o Concello en tempo e en cartos, dado o gasto en gasóleo, ferramenta e mesmo reparación­s. «É un traballo ingrato que moitos non ven ao mirar so o que teñen arredor», asegura Pardo.

 ?? [MERCE ARES] ?? Os tractores do Concello non paran neste tempo para ter acondicion­adas as cunetas das pistas
[MERCE ARES] Os tractores do Concello non paran neste tempo para ter acondicion­adas as cunetas das pistas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain