La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O Diververán de Rois esperta o interese dos nenos polo rural

-

[UXÍA LÓPEZ] O Concello de Rois consolida a súa programaci­ón para que os seus veciños concilien no verán a vida laboral e familiar e faino ao grande: a edición deste ano reúne a 160 nenos de entre 3 e 14 anos, algúns de tres municipios máis (Padrón, Brión e Santiago) e mesmo doutras comunidade­s (Madrid e Valencia), de familias que pasan as vacacións en Rois.

O protagonis­ta deste Diververán é o porviso, un trasno mitolóxico tradiciona­l de Rois. Este ten un papel fundamenta­l nun dos obxectivos do programa: fomentar entre a rapazada o seu interese polo rural, por coñecer e dar a coñecer o lugar onde viven e poñer en valor os recursos naturais de Rois, segundo o Concello. Este ser, que segundo a lenda vivía no inframundo, sae agora imaxinaria­mente das mámoas de Ermedelo para buscar os catro elementos (lume, auga, terra, aire) e anda á procura da axuda dos nenos de Rois para conseguir o seu premio.

Con este fío condutor, a actividade busca que os nenos poidan coñecer, recoñecer e poñer en valor lugares como a praia fluvial de Seira; os pazos do Faramello e de Antequeira e as rutas das Penicias e do Castro Lupario. Os menores tamén coñecen o traballo de grandes artistas do municipio como Sonia Ares ou Camilo Seira e a labor que fan na Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacid­ade Intelectua­l da Comarca do Sar (Amipa). Ademais, representa­ntes das Asociación­s de Amas de Casa de Rois e das Mulleres Rurais de Urdilde participan nun intercambi­o xeracional cos menores, para que poidan ter unha visión máis enriqueced­ora do que supón vivir nun municipio rural como Rois. As visitas á piscina descuberta de Senra e aos locais dos artesáns e as saídas para facer sendeirism­o ou falar coas persoas maiores axudan aos nenos a poñer en valor o que teñen máis preto.

A demanda da actividade de conciliaci­ón neste mes e no de agosto foi moi grande e os nenos están repartidos en grupos burbulla, atendidos por 22 monitores dirixidos por Rebeca Casal. O horario é de luns a venres, de nove e media da mañá a dúas e media da tarde. Uns 26 nenos apuntárons­e ao programa Amencer, que comeza ás sete e media da mañá.

 ??  ??
 ?? [MERCE ARES] ?? Rois consolida o seu programa de conciliaci­ón do verán, no que se anotaron uns 160 nenos
[MERCE ARES] Rois consolida o seu programa de conciliaci­ón do verán, no que se anotaron uns 160 nenos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain