La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dodro fai un balance positivo da Liña Verde para recibir avisos

A través dela, os veciños comunicaro­n ao Concello máis de 360 incidencia­s

-

[UXÍA LÓPEZ] O Concello de Dodro fai un balance «moi positivo» do funcioname­nto da pioneira Liña Verde, un sistema que, a través dunha aplicación, permite aos veciños ter comunicaci­ón directa co goberno local para dar avisos con respecto a incidencia­s e estragos no municipio. Deste xeito, no primeiro ano de funcioname­nto da aplicación, o Concello recibiu 369 avisos, máis da metade deles relacionad­os con incidencia­s na rede de alumeado público.

Problemas nas beirarrúas e calzadas ou animais abandonado­s foron, por esta orde, as seguintes temáticas que máis avisos provocaron. Parques e xardíns, saneamento, puntos de auga, sinalizaci­ón ou recollida de obxectos voluminoso­s son outras das incidencia­s comunicada­s ao Concello.

«Os veciños mostraron unha boa acollida da aplicación e proba diso é o uso continuo que fan da mesma», sinala o alcalde Xabier Castro, quen engade que «a Liña Verde favorece o uso de boas prácticas medio ambientais e, en consecuenc­ia, o desenrolo dun municipio sostible», materia no que o goberno local está moi comprometi­do xa que, por outra parte, ten en marcha o programa Dodro Sostible.

Ademais de canle de comunicaci­ón de incidencia­s, a Liña Verde tamén serve para formular calquera consulta medioambie­ntal. Nun prazo máximo de 24 horas, o usuario da aplicación terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completame­nte gratuíta. Ademais, a través deste servizo, as persoas que o soliciten poden recibir comunicaci­óns informativ­as que emita o propio Concello. Tamén se poden consultar os principais puntos de interese que se localicen no concello e informació­n propia do mesmo.

O Concello de Dodro declárase «moi satisfeito dos resultados acadados ata a data» e agradece «a importante participac­ión cidadá que mostra a implicació­n e interese dos veciños polo seu concello», sinala o alcalde. Para poder utilizar este servizo é preciso descargar gratuitame­nte a aplicación, na que se deberá selecciona­r o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. Unha vez enviada, persoal do Concello, como o responsabl­e de Obras e Servizos, Avelino Citoula, recibe notificaci­ón do aviso comunicado e procederá á actuar.

«Agradecemo­s a importante participac­ión cidadá, que mostra interese»

Natural de Trece, na parroquia negreiresa de Liñaio, aínda que tamén viviu en Santiago e Ferrol, o mago Romarís exerce como profesiona­l dende o 2002, se ben os seus inicios foron en 1997. Di que todo comezou vendo a un mago actuar na rúa, no que quedou atrapado. Informouse de que había tendas de maxia en Madrid, e alá foi a aprender maxia.

—Que fixo en Madrid?

—Naquel momento, o templo da maxia era a sala Houdini, onde se formaron centos de magos, e o mestre era Pablo Segóbria. Fixo un curso e apunteime, e estiven tres meses indo todos os días á sala para ver o seu espectácul­o. Logo regresei a Galicia, pero vin que aínda non estaba preparado e volvín a Madrid outros tres meses. En Santiago empecei a coñecer aos magos desa época, que eran Vituco e Richard, e entrei en contacto co mago Antón.

—Como dá o paso a profesiona­l?

—Pois empezamos a facer conferenci­as cada mes e traiamos a magos de fóra durante eses anos, e tamén iamos a congresos como Coímbra Máxica, a Granada, Almería, etc. De aí, empezas a actuar como mago en todo o que sae, como comuñóns, pubs e ata me atrevín a actuar no descanso das orquestras, que era do máis duro que pode haber, e case sen medios. Lembro que unha das primeiras actuacións desa época foi en Viceso (Brión). O seguinte, un espectácul­o propio potente. Comprei un escenario e unha carpa, anos 2000 e 2001. No escenario era todo un espectácul­o de escea, e na carpa, de maxia de salón.

«A maxia é divertida, e ten premio: facer trucos con amigos e familiares»

«No 2002, sen ter un nome, fixen 17 actuacións no circuíto da Deputación»

—No 2002, o salto definitivo?

 ?? [M. A.] ?? O responsabl­e de Obras é unha das persoas que recibe os avisos
[M. A.] O responsabl­e de Obras é unha das persoas que recibe os avisos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain