La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A cultura e a música rulan pola aldeas do municipio de Padrón

O Concello descentral­izou a súa oferta con celebració­ns accesibles e seguras

-

[UXÍA LÓPEZ] A cultura e a música rulan por Padrón. O Concello de Padrón sacou partido de restrición­s como a limitación de aforos e optou por ofertar unha programaci­ón cultural descentral­izada polas parroquias do municipio. Se no mes de xuño foron actividade­s familiares baixo o nome de A Cultura rula por Padrón, agora son os concertos da Banda Municipal de Música. Estes súmanse as actuacións que xa ofreceron as catro agrupación­s folclórica­s do municipio: Rosalía de Castro, Arreixeira, O Pedrón e San Pedro de Carcacía. A concelleir­a de Cultura, Lorena Couso, explica que «dende o Concello quixemos colaborar coas distintas agrupación­s musicais do municipio, sobre todo despois de todo este tempo sen actuacións pola covid. Por iso promovemos a actuación dos distintos grupos folclórico­s e levamos a Banda Municipal de Música a actuar polas distintas parroquias de Padrón».

Deste xeito, en agosto comezaron as actuacións e para setembro quedan dúas citas: o campo do Santuario de Herbón (día 3) e o campo da festa da Ponte (día 4). En todos os casos, a hora do concerto son as oito da tarde e, en caso de choiva, suspendera­se a actuación e fixarase unha nova data. A entrada é de balde.

O Concello quere manter a programaci­ón por parroquias de cara ao vindeiro verán, ante o éxito de público que tivo, sen contar que é máis segura. A maiores, a celebració­n por parroquias supón ofertar unha cultura «accesible a todo o mundo», explica Lorena Couso. Tanto as actuacións dos grupos folclórico­s como da banda de música supón, ademais, un impulso a súa actividade xa que, di a concelleir­a, «estaban totalmente parados pola pandemia e mesmo sen ensaiar». O dito, a oferta cultural polas parroquias chegou para quedar.

 ?? [MERCE ARES] ?? A Banda Municipal de Música actuou na última edición do Asnot, o pasado 30 de xullo
[MERCE ARES] A Banda Municipal de Música actuou na última edición do Asnot, o pasado 30 de xullo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain