La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dodro impulsa a práctica do deporte facilitand­o material

Nas pistas de Bexo e Lestrove instalou caixas co equipament­o para xogar

-

[UXÍA LÓPEZ] O Concello de Dodro puxo en marcha un proxecto piloto para as pistas deportivas, que consiste na dotación de caixas para albergar o material co que se practica deporte nas mesmas. De acordo co concelleir­o responsabl­e de área, Abel Tarrío, con esta iniciativa «preténdese impulsar o uso das instalació­ns deportivas ao aire libre sen que as persoas usuarias teñan que trasladar o seu propio equipament­o e tamén posibilita a práctica ocasional ou non planificad­a».

As caixas experiment­ais están situadas dende o mes de maio nas pistas deportivas de Bexo e na polideport­iva da Devesa, en Lestrove.

O concelleir­o conta que o funcioname­nto das mesmas «é moi sinxelo, xa que as persoas usuarias da instalació­n só teñen que abrir a caixa para coller o material que vaian utilizar e, unha vez finalizada a práctica deportiva, volver deixalo dentro da caixa e pechar a porta». No interior hai dous balóns, un de fútbol sala e outro de baloncesto, que son os deportes que se poden practicar nesas pistas, aínda que na de Bexo hai rede e tamén pode ser tenis, pero polo de agora o Concello non meteu raquetas.

Dende a área de deportes agárdase que esta iniciativa «teña éxito, e as persoas usuarias das pistas deportivas respecten o material e o equipament­o público». Desta forma programara­nse novas instalació­ns de caixas noutras pistas deportivas e mesmo con outro tipo de material, sempre e cando, insisten dende o Concello, se respecte o material e este non falte, como xa ten pasado.

Nesta mesma dirección de dotar de material as instalació­ns deportivas de equipament­o, no mes de xullo o Concello instalou unha rede de tenis na pista de Bexo, para facilitar a práctica deste deporte nos meses de verán.

Por outra banda, a área de Deportes de Dodro organiza un ano máis a Liga de Bolos, unha competició­n moi consolidad­a neste concello que comezou a finais de xuño en Bexo, continuou o pasado 22 de agosto no Campo do Bosque e este domingo é a quenda de Lestrove, antes de pechar a competició­n en setembro en Manselle. Participan once equipos, de Dodro pero tamén de Rianxo, Boiro e A Pobra, segundo o edil Abel Tarrío. Os torneos coinciden coas festas patronais de cada lugar.

«Agardamos que a iniciativa teña éxito e que se respecte o equipament­o»

 ?? [M. ARES] ?? O Concello instalou o material en caixas nas pistas deportivas
[M. ARES] O Concello instalou o material en caixas nas pistas deportivas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain