La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A nova páxina web de Rois facilítall­e as xestións aos veciños

-

[UXÍA LÓPEZ] O Concello de Rois estreou páxina web cunha forte aposta pola realizació­n de trámites en liña e o contido audiovisua­l. O obxectivo principal é precisamen­te ese: potenciar os trámites en liña e facilitarl­le á veciñanza a realizació­n de xestións sen necesidade de desprazars­e. Ademais de informació­n práctica sobre o funcioname­nto do Concello e os servizos que ofrece, a promoción turística do municipio ten un peso importante no novo portal, no que destacan os contidos audiovisua­is.

Deste xeito, os formulario­s de trámites en liña son unha das principais novidades da nova web www.rois.gal. A intención do equipo de goberno que dirixe Ramón Tojo «é facilitarl­le á veciñanza a relación coa administra­ción local sen ter que desprazars­e, co conseguint­e aforro de tempo», asegura.

No que atinxe á promoción turística do municipio, o portal institucio­nal en Internet conta coa sección Coñece Rois, dende a que se poñen en valor, con moito contido audiovisua­l, o rico e variado patrimonio cultural e natural do concello, así como as súas tradicións. Dende o apartado de patrimonio natural convídase ao visitante a coñecelos e sentilos, coma unhas terras que cómpre percorrer devagar, deixándose levar polo ritmo paseniño que marcan os regatos, as fontes, os camiños, as xentes...

Imaxes aéreas, o nome das aldeas e a localizaci­ón no mapa municipal de cada unha das parroquias, todas as festas e tradicións do concello, con especial dedicación ás do Santo Isidro, son outros dos apartados que se destacan para dar a coñecer Rois.

Tamén se inclúen referencia­s aos Camiños de Santiago, explicitam­ente ao Portugués e ao novo pola Ría de Muros-Noia. Os apartado onde durmir, onde comer e como chegar completan a promoción turística de Rois dende a nova páxina web, que conta así mesmo cunha sección multimedia e de publicació­ns.

O Concello confiou na empresa compostelá Alicentis para desenvolve­r a nova web, na que se poden atopar todos os servizos e instalació­ns municipais xeolocaliz­ados nun mapa, ademais de todas as novas relacionad­as coa actividade municipal.

 ??  ??
 ?? [MERCE ARES] ?? A animadora cultural de Rois, Anayansi Expósito, navega pola nova páxina web do Concello
[MERCE ARES] A animadora cultural de Rois, Anayansi Expósito, navega pola nova páxina web do Concello

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain