La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Nas novas xeracións hai que fomentar a pesca sen morte»

Como un dos responsabl­es de pesca da Sociedade de Padrón é claro sobre os vertidos nos ríos: «Moitas veces non interesa que se saiba a súa orixe»

-

arcos Quintáns Míguez (A Escravitud­e, 1982) é pescador dende hai vinte anos e, dende hai un, é un dos responsabl­es de pesca da Sociedade de Caza e Pesca de Padrón. Con poucas palabras, é contundent­e sobre o futuro desta actividade e o estado do río Sar.

—¿Como resultou a tempada de pesca?

[UXÍA LÓPEZ] aceptable; en cambio nos tramos libres por riba dos cotos [a partir do Muíño Concheiro] están peor por culpa dos continuos vertidos. De feito o último, ocorrido a finais de marzo deste ano, foi moi importante e a zona entre A Meana e o Sixto foi a máis afectada pola mortalidad­e de peixes.

«O Sar é un río que gusta aos pescadores, grazas aos concursos que o deron a coñecer»

—¿Cales considera o colectivo de pescadores que son as principais ameazas para os ríos da comarca, en especial para o Sar?

—Non, nunca se sabe orixe e penso que moitas veces non interesa que se saiba. Antes de comezar a última tempada, houbo un vertido no Sar que o arrasou todo e nada máis se soubo sobre a causa. As veces parece que, como é o Sar, non pasa nada. Sentes unha impotencia moi grande.

—¿Queda moito por facer no tema dos vertidos ou, en cambio, cos anos hai máis conciencia ao respecto?

—Queda moito por facer porque a xente e as empresas non están conciencia­das. Ten en conta que un vertido pode matar en dúas horas o que leva anos recuperar. Eu calculo que, por cada vertido, o río pode ir para atrás un mínimo de cinco anos e mesmo cabe a posibilida­de de que haxa peixes protexidos que non se recuperan máis. Que non haxa vertidos é a loita de todos os anos.

—Agora está co mes de pesca sen morte. ¿Este é o futuro da actividade?

—E o único que está nas nosas mans para poder axudar a conservar o pouco queda. E intentar fomentar nas novas xeracións de afeccionad­os a pesca sen morte.

—En Padrón, ¿hai moita afección á pesca?

—Si. Na entidade hai moitos socios, de Padrón e tamén empeza a habelos de fóra.

—O Sar, ¿é un río que gusta especialme­nte aos pescadores?

—Si, a pesar da contaminac­ión e grazas aos concursos de pesca, que o deron a coñecer, de modo que incluso veñen a pescar competidor­es do panorama nacional e internacio­nal. Hai tres anos foi famoso polos reos, despois dunha tempada moi boa e iso douno a coñecer bastante. Tamén o concurso de pesca Santiaguiñ­o do Monte, organizado polo Club W. Latorre, que se disputa no Sar ata o río Rois, atrae cada ano a máis pescadores. Na pandemia mesmo tivo que quedar xente fóra para poder cumprir as restrición­s establecid­as nese momento.

 ?? [MERCE ARES] ?? Marcos Quintáns é un firme defensor da pesca sen morte, en especial no río Sar, para axudar a conservar o pouco que queda, afirma o pescador
[MERCE ARES] Marcos Quintáns é un firme defensor da pesca sen morte, en especial no río Sar, para axudar a conservar o pouco que queda, afirma o pescador

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain