La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Un domingo de fútbol é a miña liberación»

É unha apaixonada do fútbol. Sente devoción polo Xallas FC, onde o seu marido foi presidente, e reconfórta­lle ver como o fútbol feminino gaña potencia [EMILIO FORJÁN]

-

a única muller entre os quince membros da actual xunta directiva da Federación Galega de Fútbol para o mandato 2018-2022. Recoñece que a chamada de Rafael Louzán Abal para representa­r ao fútbol da Costa da Morte supuxo un antes e un despois. Era concelleir­a de Deportes en Santa Comba, unha responsabi­lidade que vén de retomar trala moción de censura do pasado xuño pola que o Partido Popular recuperou a alcaldía.

—Como chega á Federación Galega de Fútbol?

—Pois nunha visita de Rafael Louzán a Santa Comba, cando dende o Concello estabamos estudando a viabilidad­e de renovar A Fontenla con céspede artificial, estivemos falando do fútbol da Costa e a paixón que levanta, e ao pouco tempo recibín a chamada do propio Louzán, xa cando gañou as segundas eleccións e propúxome formar parte da directiva e aceptei.

—E cal é a aprendizax­e?

—Aprendín moito nestes tres anos e axúdame no meu labor como concelleir­a. Hai xente na directiva que vén de distintos ámbitos coma a arbitraxe, ou mesmo da ensinanza, e dos cales aprendes moito.

—Como foi o cambio?

—Pois a maioría da xente nos campos da Costa coñecíame como a muller de Pedro. Sempre me acompañou Juan Luis Villamisar, vicepresid­ente por A Coruña para ir coñecendo ás persoas que están detrás dos clubes. Agora, síntome ben aceptada.

—É o fútbol a súa paixón?

—É a miña paixón. Quizais agora goce menos porque non teño tanto tempo, pero un domingo de fútbol é a miña liberación. Recoñezo que

«Non valoramos o suficiente o deporte, e temos que pedirlles aos políticos que invistan máis»

«Ao igual que outros van a un spa, eu vou a un campo de fútbol»

son moitos anos polos campos co meu marido e seguindo aos equipos do Xallas, pero gústame moito, ao igual que outros van a un spa, eu vou a un campo de fútbol.

—Agora ten máis visión de directiva que de club?

—Sigo tendo máis visión de club porque eu sigo axudando ao meu club. O que si teño claro é que a chegada de Rafael Louzán á Federación elevou o fútbol da Costa a que teña unha mellor e maior considerac­ión en Galicia. Demostramo­s que somos capaces de organizar un gran evento deportivo como foi o das seleccións comarcais, e deixar o listón moi alto.

—Canto cre que evoluciono­u?

—Moito. Na Federación trabállase con moita rigurosida­de. Se un club te chama ás doce da noite, tes que collerlle o teléfono, e iso aprendino do presidente. E iso, pasado á outra parte da miña vida que é a política, valeume para desenvolve­rme mellor.

—Gústalle o fútbol máis profesiona­lizado?

—Na Federación Galega foi clave a incorporac­ión de Iván Cancela como responsabl­e do Comité Galego de Adestrador­es. Profesiona­lizouse para que todos os adestrador­es teñan superado cursos e a formación e tecnificac­ión sexa unha constante no fútbol galego.

—O Xallas estrea equipo feminino.

—É algo do que estou moi feliz, sobre todo por Bea, a presidenta, que é unha incansable traballado­ra. Creo que nestes últimos anos houbo unha aposta moi grande pola inclusión das rapazas nos equipos, que a ninguén lle pareza nada raro que poidan xogar cos rapaces. Este ano incorporou­se a categoría cadete e demos o paso de crear equipos de 8 de rapazas.

—Invístese pouco no deporte?

—Nunca valoramos o suficiente o deporte, e é certo que temos que pedirlles aos políticos que invistan máis porque é algo que segue custando moito.

 ?? [XOÁN A. SOLER] ?? Silvia Cancela Blanco, fotografad­a no campo de fútbol de A Fontenla, da súa localidade, Santa Comba
[XOÁN A. SOLER] Silvia Cancela Blanco, fotografad­a no campo de fútbol de A Fontenla, da súa localidade, Santa Comba

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain