La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Non podemos deixar de lado o mundo rural»

«Vivimos nun sitio 10, pero haino que querer aproveitar», dice Alba Maneiro, que produce mel en Negreira

-

[EMILIO FORJÁN] Alba Maneiro e a súa parella, Ángel González, son produtores de mel artesán 100 % natural, na Casa do Xaldón, na aldea de Couso de Abaixo, parroquia de Santa Cruz de Campolongo (Negreira). Casa do Xaldón é o nome que tiña xa na Idade Media cando foi fundada, e de feito, así consta nos escritos que deixou o seu avó, José Maneiro Nieto, cuxo pai —bisavó de Alba—, foi quen traballou o mel, ao igual que facían en todas as casas da aldea. Alba, que ten 29 anos e estudou Historia da Arte na USC, comezou a traballar o mel cando rematou a carreira universita­ria e viu como uns amigos tiñan colmeas. «Quedei namorada do tema, e empecei a ir a cursos e como tiñamos colmeas e moitas leiras en Couso, foi cando me decidín a meterme de cheo na produción de mel», salienta esta moza que leva uns anos alternando a preparació­n de oposicións coa produción artesanal de mel e outros produtos como cosméticos.

Como queira que o mel é un produto que non se estraga, esta apicultora non pausteriza nada: «O val do río Donas favorece moito a floración e abondan moito os castiñeiro­s. É terreo propicio para ter abellas e producir mel. De feito, na época medieval chamábanll­e a Costa do Bispo porque viñan dende a Catedral de Santiago a buscar a madeira para os mobles».

«Empezamos co mel pero fomos diversific­ando un pouco. Estamos arraxando unha casiña para aluguer turístico, e xa temos outra en Ribademar, no concello de Outes,

onde coa familia tentamos sacarlle rendemento. Temos outros plans e estamos investigan­do para facer xabóns ou bálsamos capilares con mel». E coa súa parella, que é educador ambiental, están dándolle voltas para facer visitas guiadas ás colmeas e actividade­s relacionad­as co medio ambiente «porque ao ser sector primario podemos mostrar o que facemos».

O mel deste ano téñeno xa envasado e todo vendido. «Foi un mal ano para producir mel, xa que non houbo floración», sinala Alba, para quen o rural precisa dun maior compromiso por parte das administra­cións: «En Galicia non podemos deixar de lado o mundo rural. Temos que conciencia­rnos de que traballar no rural é unha saída laboral digna e pódese vivir. As administra­cións deben facer como noutros países e revaloriza­r o campo, porque en Irlanda ou Francia téñeno máis en valor que aquí», subliña, e engade: «Vivimos nun sitio dez, onde se dan moitos produtos moi bos, pero haino que querer aproveitar».

A globalizac­ión e o cambio climático son os maiores contratemp­os para a súa actividade. Pragas como a da velutina, que «non se van a erradicar e temos que aprender a convivir con elas», son algunhas das principais dificultad­es de apicultura.

 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? Alba estuda facer xabón e bálsamos capilares co seu mel artesán de Casa do Xaldón
[PACO RODRÍGUEZ] Alba estuda facer xabón e bálsamos capilares co seu mel artesán de Casa do Xaldón

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain