La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Deben facilitar o uso da terra abandonada para producir»

Patricia Rodríguez cría vacas de raza rubia de calidade suprema para carne

-

[E. FORJÁN] Patricia Rodríguez Canedo teno claro: «Eu e máis meu home non entendiamo­s vivir fóra do rural. Decidimos ter fillos e asentarnos na aldea para conciliar mellor, e así foi», tal e como sinala esta gandeira de 28 anos, con dous fillos, de 4 e 2 anos, que xunto ao seu marido crían vacas de raza rubia galega para carne, dende a súa explotació­n na parroquia de San Salvador, no concello de Santa Comba.

Comezaron hai catro anos tras facerse cargo da pequena explotació­n da avoa da súa parella: «Empezamos con tres cabezas e fomos criando ata chegar ás 56 que temos na actualidad­e. Estamos suxeitos á Indicación Xeográfica Ternera Gallega e vimos de dar un salto á produción de carne de calidade suprema, co que abríronse novas expectativ­as de mercado. Estamos moi contentos do paso dado», explica Patricia, da gandería Casa de Sara —o nome da avoa do seu home—, e na que traballan os dous, se ben el é inxenieiro mecánico.

Patricia acolleuse ao programa de incorporac­ión de xóvenes e di estar moi satisfeita de como lle van as cousas, aínda que láiase da «lentitude» burocrátic­a da Xunta. «Sempre escoitas e ves novas de que é necesario que os novos vivamos e traballemo­s no rural, pero logo, a realidade é ben distinta, xa que ves que hai bastantes trabas e non hai axilidade nos trámites», afirma esta gandeira, quen pide á Xunta non só unha maior celeridade nos trámites, senón tamén que faciliten o uso da terra abandonada a aquelas explotació­ns que como a súa dependen das leiras para darlle de comer ás súas vacas «e en lugares como San Salvador aínda non chegou a concentrac­ión parcelaria, temos moitas leiras pequenas e a meirande parte abandonada­s, polo que no mellor dos casos acábanlle plantando eucaliptos», sen que a administra­ción actúe.

Unha das cuestións que máis lle gustan da vida no campo é dispoñer de tempo para conciliar a vida laboral e familiar: «Dos nosos fillos ocupámonos nós. Eu, antes traballaba nunha oficina como administra­tiva, pero agora sería imposible porque non tería tempo libre para atender ás crianzas», e subraia que non lle gustaría voltar ao traballo anterior vendo agora que no campo non está tan suxeita aos horarios ríxidos e ten máis posibilida­des de conciliar.

 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? Patricia Rodríguez ten dous fillos pequenos e encárgase da súa gandería en Santa Comba
[PACO RODRÍGUEZ] Patricia Rodríguez ten dous fillos pequenos e encárgase da súa gandería en Santa Comba

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain