La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Rois ten por primeira vez técnicos de turismo e igualdade

O Concello contrata persoal para potenciar as dúas áreas

-

[UXÍA LÓPEZ] «Rois ten un gran potencial turístico, que queremos poñer en valor incentivan­do o patrimonio natural, cultural e etnográfic­o». Quen fala así é o primeiro técnico de turismo que ten o Concello de Rois. Alexandre Blanco Roo vai compaxinar o seu traballo entre este concello e os de Dodro e Lousame. O primeiro deles, ademais, reforzou o seu cadro de persoal coa incorporac­ión, tamén por primeira vez, dunha técnica de igualdade, xunto cunha nova traballado­ra social para o departamen­to de Servizos Sociais.

En canto á materia de turismo, que o goberno de Rois quere potenciar, os principais obxectivos que se propón acadar o técnico son «crear rutas guiadas, potenciar as que xa están sinalizada­s e fomentar e incentivar a educación ambiental» para que os veciños do municipio e doutros lugares poidan descubrir todos os atractivos que ofrece este concello, segundo di.

Rutas de sendeirism­o

«A xente agora busca saír e coñecer a contorna que ten máis preto», sinala Alexandre Blanco. «En Rois temos dúas rutas de sendeirism­o sinalizada­s e estase a traballar noutra conxunta cos municipios de Padrón e Dodro para difundir os Fondóns que Rosalía de Castro recolleu nun dos seus libros», conta o técnico.

Por outra banda, o pasado mes de marzo, a corporació­n local de Rois aprobou o segundo Plan de Igualdade e, dende o verán, incorporou­se ao Concello Maruxa Ledo como técnica de igualdade para reforzar o desenvolve­mento deste plan e, entre outras funcións, «fomentar o empoderame­nto das mulleres e por en marcha accións de correspons­abilidade que sirvan para equiparar o traballo de mulleres».

A primeira técnica de igualdade de Rois tamén quere «contribuír a incorporar a perspectiv­a de xénero no día a día do funcioname­nto do concello e de toda a veciñanza», indica Maruxa Ledo. Todo isto sen esquecerse de informar e asesorar as veciñas e veciños de Rois sobre «as iniciativa­s que teñan as administra­cións públicas para acadar a igualdade de oportunida­des». Ademais das incorporac­ións de Maruxa Ledo e

Alexandre Blanco, o Concello de Rois contratou tamén á traballado­ra social Alba Pais para reforzar Servizos Sociais.

 ?? ?? O técnico de Turismo e a de Igualdade do Concello de Rois
O técnico de Turismo e a de Igualdade do Concello de Rois

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain