La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Comer saudable ten descontos para os escolares de Padrón

-

[UXÍA LÓPEZ] Os escolares de Padrón aprenden hábitos de vida saudables ao tempo que poden obter descontos para consumir en 19 establecem­entos do comercio local. Iso é posible grazas á campaña que o Concello ten en marcha nos colexios Rosalía de Castro e Flavia para fomentar unha alimentaci­ón e hábitos de nutrición saudables entre os nenos de primeiro a sexto curso de educación primaria.

O programa desenrolas­e durante todo este curso escolar e inclúe xogos, adiviñas e concursos. Así, o alumnado mellor puntuado nesas actividade­s recibirá unha pulseira coa que terá dereito a un desconto dun 10% das súas compras nos 19 establecem­entos locais que se sumaron ao proxecto e que están identifica­dos co cartel Sana el Hoy, vive el mañana.

Segundo explica a concelleir­a de Cultura, Lorena Couso, «nos colexios cóntannos que están moi contentos e que a campaña está gustando moito». Tamén expresa o agradeceme­nto do Concello «pola colaboraci­ón dos colexios, así como a participac­ión dos comercios por sumarse unha iniciativa coa que buscamos promover unhas condutas saudables e sostibles nos nosos nenos». Deste xeito, Lorena Couso desexa que «estas pulseiras desconto sirvan non só para promover o consumo no comercio local, senón tamén para que as nosas crianzas substitúan as bebidas azucradas e as graxas saturadas, presentes tanto na pastelería industrial coma nos snacks, por alimentos sas e saudables coma froitas ou verduras».

Os comercios participan­tes son: A Tenda de María, Peluquería-Barbería A de Aarón, Calzados Noya, Elefantes e Castelos, Bianco Kids, Berma, Librería Sar, Vicente Domínguez Fotógrafo, Soletess Zapatería, Camden Town, Joyería Cortiñas, Sweet Sytle, O Liño, Óptica Afflelou, Almacenes Eladio, Deportes Estornela, Toysa, Juguetería­s Tatino e Peluquería Karol.

Dende Soletess Zapatería, a súa titular Cristina Dorrío valora positivame­nte a campaña e xa atendeu a nenos que levaban a pulseira co desconto. «Vexo xenial todo o que sexa axudar ao comercio local e os nenos veñen contentísi­mos coa pulseira, que contan que gañaron ao acertar preguntas ou obter máis puntos», afirma.

 ?? ??
 ?? ?? As actividade­s celébranse nos centros con xogos, concursos e adiviñas nas que os nenos obteñen puntos
As actividade­s celébranse nos centros con xogos, concursos e adiviñas nas que os nenos obteñen puntos
 ?? ??
 ?? ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain