La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dodro dá un gran impulso á recollida selectiva de lixo

Instala colectores para restos de obra e tamén os terá para pilas e móbiles

-

[UXÍA LÓPEZ] O Concello de Dodro asegura que aposta firmemente pola recollida selectiva de lixo, para o que apela á conciencia­ción dos veciños para que ese sistema sexa cada vez máis usado e se faga con éxito, tal e como explica o concelleir­o delegado de área, Ramón Abuín. Este di que «agardamos que a xente responda positivame­nte e faga un bo uso dos colectores». Para que sexa así, a día de hoxe o Concello ofrece a posibilida­de de depositar todo tipo de residuos, dende un simple papel a restos de obra, aceites de cociña usados ou pilas.

Deste xeito, aos tradiciona­is colectores de orgánicos, envases, vidro papel e cartón, súmanse agora tres puntos de recollida de restos de pequenas obras e reformas, un servizo do que non dispoñen moitos concellos, a menos que teñan punto limpo. Estes colectores sitúanse en Bexo, Lestrove e xunto ao pavillón polideport­ivo municipal. Unha vez cheos, unha empresa xestora recolle o material, que pode ser depositado polos veciños de Dodro sen ningún tipo de custe para eles.

Ademais, a través dunha subvención nova da Xunta para a recollida de residuos de competenci­a municipal, o Concello vai dispor dun remolque con varios apartados nos que se poderán depositar residuos como pilas ou teléfonos móbiles. Ese remolque estará dispoñible en sete localizaci­óns distintas do concello, en cada unha delas durante un determinad­o tempo, para cubrir todo o territorio e dar servizo a todos os veciños. O Concello tamén acaba de recibir novos colectores de papel e cartón, a través unha subvención do Fondo de Compensaci­ón Ambiental da Xunta. Xunto cos recursos, o goberno local tamén ten en marcha unha campaña divulgativ­a sobre a recollida selectiva, pola que aposta claramente en beneficio do medio ambiente e tamén das contas do Concello unha vez que, aínda que a recollida está municipali­zada, o lixo é entregado en Sogama.

Dodro quere continuar así a liña dos bos datos que rexistrou o ano pasado no tocante á recollida selectiva de residuos, de modo que reduciu a cantidade de orgánicos en favor dos reciclable­s de envases, papel e vidro.

«Agardamos que os veciños se conciencie­n e respondan positivame­nte»

 ?? [MERCE ARES] ?? Un dos colectores de escombros está xunto ao pavillón
[MERCE ARES] Un dos colectores de escombros está xunto ao pavillón

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain