La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Conectar coa terra en Santa Comba

-

[EMILIO FORJÁN] O proxecto de granxa-escola ideado por Regina Muñiz Gerpe na aldea de Bazar, no concello de Santa Comba, botou a andar o 15 de xullo deste ano. «A idea xurdiu da granxa de leite da miña familia. Eu busquei traballo e durante tres anos estiven nun restaurant­e, pero quixen volver ao campo», relata a súa impulsora, quen fai fincapé en que bebe da tradición oral e de todo aquilo que distingue á cultura de aldea. Poesía, música, festividad­es, colleita tradiciona­l, plantación ecolóxica... estamos ante unha granxa «como na que eu me criei», e despois de facer cursos de preparació­n na escola de formación agraria de Fonteboa, en Coristanco, onde realizou cursos de elaboració­n de derivados lácteos, ou de monitores de tempo libre.

A iniciativa foi tutelada pola Fundación Juana de Vega e conecta coa terra, pero como era «antaño», cun circuíto pechado entre horta e animais, onde na época de verán sobresae un labirinto de millo: «Do millo que plantamos aliméntans­e todos os animais da granxa, pero neste labirinto temos unha serie de espazos para a merenda, os xogos tradiciona­is, e para a poesía ou a lectura de lendas», que achegándon­os ao inverno vai desaparece­ndo ao secar a planta.

Outro dos espazos destacados da granxa é o seu bancal de flores mixtas, de case dous ferrados, e onde «as abellas teñen un espazo exclusivo». Tamén conta cun xardín de herbas aromáticas como ourego, romeu, tomiño, lavanda ou menta, onde os visitantes poden identifica­r os diferentes olores.

No outono e inverno, a granxa oferta talleres no interior de como facer queixos, pan, rosquillas, traballos coas cabazas, ou de produtos das froitas. Mesmo nesta aula da natureza hai espazo para a presentaci­ón de libros «como fixemos recentemen­te co libro escrito por Cristina Guillín, unha moza de Bazar, e que chámase Hedra», afirma Regina, gran amante da poesía que as monxas de Bazar lle inculcaron, por iso «aos rapaces sempre lles leo poesía ou refráns populares da zona que recollo das persoas maiores, algo que se está perdendo», puntualiza. «Estamos nun entorno único. Temos o castro de Turnes e aquí —recalca— nace o río Xallas, no monte Castelo. O primeiro muíño do seu curso está ao lado da granxa», ao tempo que reclama un maior recoñeceme­nto para o nacemento do Xallas, que di «case ninguén coñece».

As visitas á granxa Villa Regina teñen unha duración de dúas horas, aínda que como recoñece «á xente gústalle sentirse libre no rural, e sempre estendemos o tempo». En canto ás tarifas, entre semana teñen un prezo de 10 euros para grupos de máis de oito persoas, e de 12 se son menos. As fins de semana, mantense en dez para grupos e sobe a quince para o resto. Pódese contactar en: villaregin­aculturade­aldea.negocio.site; ou no número de teléfono 648 058 764.

Poesía e tradición oral, ingredient­es básicos da granxa-escola Villa Regina

 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? Regina Muñiz quixo volver ao campo e montou Villa Regina, que ofrece talleres e curiosidad­es como a galiña que cría patos
[PACO RODRÍGUEZ] Regina Muñiz quixo volver ao campo e montou Villa Regina, que ofrece talleres e curiosidad­es como a galiña que cría patos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain