La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A Casa de Rosalía terá en primavera un auditorio renovado

O edificio non reunía as condicións necesarias para a vida da fundación

-

[UXÍA LÓPEZ] Mentres as visitas virtuais da Casa de Rosalía van lanzadas, a fundación de Padrón que leva o nome da escritora continúa co proceso de actualizac­ión e modernizac­ión das infraestru­turas que conforman o conxunto cultural de A Matanza. Nestes momentos tócalle ao auditorio, que está en obras de reforma por importe de 180.000 euros, financiado­s con fondos da Xunta, da Deputación da Coruña e propios da Fundación Rosalía de Castro.

Segundo conta esta, acometer esta obra era un dos seus principais obxectivos nos últimos anos, «dado o deficiente estado no que se encontraba o edificio», con instalació­ns obsoletas para a cantidade e a calidade da programaci­ón que oferta a Casa-Museo e «con partes gravemente deteriorad­as», como os camerinos e os aseos, que reclamaban melloras urxentes debido ás continuas inundación­s producidas por atoparse a unha cota baixo rasante, explica.

Ademais, o edificio, construído en 1985 polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois, «contaba con escasos recursos para levar adiante o seu cometido principal: acoller actividade­s culturais en boas condicións», sinalan dende a fundación padronesa. Esta engade que o inmoble «non dispoñía de iluminació­n nin de condicións sonoras axeitadas ás necesidade­s, nin equipament­o de son que permita a realizació­n de espectácul­os escénicos». Por iso, explica, a reforma do edificio ten o obxectivo de aumentar a capacidade do espazo e volume, para o que se realizará unha readecuaci­ón completa do interior da edificació­n do auditorio na que son imprescind­ibles adaptación­s e melloras que teñen que ver co confort térmico da sala, illamento, calefacció­n e aireación de acordo ás novas demandas e normativas así como adaptación­s de mellora do confort acústico.

 ?? [MERCE ARES] ?? A Fundación Rosalía calcula que os traballos no auditorio estarán rematados no mes de abril
[MERCE ARES] A Fundación Rosalía calcula que os traballos no auditorio estarán rematados no mes de abril

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain