La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dodro quere activar a súa asociación de mulleres, Malvalila

O Concello busca impulsar un colectivo creado no 2008, con máis de cen socias

-

[UXÍA LÓPEZ] Dodro quere recuperar a actividade da súa asociación de mulleres, Malvalila, creada no ano 2008 co propósito de poñer á disposició­n das mulleres as ferramenta­s necesarias para o seu desenvolve­mento persoal e social. O colectivo chegou a ter máis dun cento de socias. Para darlle un impulso traballa a Concellerí­a de Igualdade, Xuventude e Relacións Veciñais, da que é titular Ana Muñiz.

Como representa­nte do goberno local e como muller fala de que «xa hai moito tempo que lle estou dando voltas á idea de retomar a actividade da Asociación de Mulleres de Dodro», unha vez que nunca foi dada de baixa no rexistro oficial, afirma. «Empezouse a deixar a actividade ata que se deixou de todo», explica a concelleir­a.

Ese mesmo interese seu é compartido por outras veciñas do municipio, segundo conta Ana Muñiz, que cre que «non habería problema ningún en activar a entidade» e di que mesmo podería ser un bo camiño para volver á normalidad­e, á vida, coa celebració­n de actividade­s de todo tipo, tal e como sucedía cando foi creada a asociación. «A través do Concello fanse cousas neste eido pero penso que a través da asociación se poden facer moitas máis, sen contar que é un punto importante de reunión», sinala a concelleir­a do goberno de Dodro. Dende o executivo falan de que a «as mulleres do medio rural forman un piar fundamenta­l para conseguir os cambios sociais e económicos». Por iso, engade que a Concellerí­a de Igualdade, Xuventude e Relacións Veciñais pretende dar un impulso a esta asociación e retomar o traballo coas mulleres do entorno, «fomentando o empoderame­nto e tecendo redes de solidaried­ade».

O Concello di que ten claro que o asociacion­ismo feminino será unha «peza clave no pleno desenvolve­mento do concello», perseguind­o a transforma­ción da realidade a través da participac­ión das mulleres, «sendo estas as únicas protagonis­tas da súa propia vida». Nesta liña, acaba de incorporar por primeira vez unha técnica en Igualdade, ademais de organizar actividade­s con motivo do 25N, entre elas unha andaina.

«Penso que non habería problema ningún en recuperar a entidade»

 ?? [P. RODRÍGUEZ] ?? Terceira andaina contra a violencia de xénero do Concello
[P. RODRÍGUEZ] Terceira andaina contra a violencia de xénero do Concello

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain