La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Sempre me tirou o deporte e formar dende a humildade»

Empezou a impartir ximnasia cando en Padrón «non había nada de nada». Diso hai case 30 anos e, dende entón, xa coincidiu con máis dunha xeración [UXÍA LÓPEZ]

-

uen non coñece en Padrón a Chalo? Gonzalo Rodríguez Muíños —ese é o seu nome real— (Extramundi, 1960) é o monitor deportivo máis popular e con máis antigüidad­e do Concello padronés. Empezou no ano 1993, cando en Padrón «non había nada de nada», conta.

—Monitor deportivo é unha profesión moi de hoxe, pero non de cando empezou hai case 30 anos. ¿Como se decidiu por ese camiño?

—Xa no servizo militar tiña claro o que quería facer na vida e así llo comentei a un compañeiro, que me tiraba o deporte, a formación e traballar con nenos. Sempre xoguei ao fútbol e aí, xunto con meus pais, aprendín valores da vida como o respecto, o compañeiri­smo e a disciplina, que trato de inculcar. Cheguei a ter un bar catro anos, pero no era para min. O meu é o que fago, o deporte, ser formador e educar dende a miña humildade.

«Se de min dependera, o deporte tería máis importanci­a na vida de todas as persoas»

—Como empezou para o Concello?

—Estaba buscando un porvir e fun ao departamen­to de emprego a preguntar se había algo. Dixéronme que estaban buscando un monitor para dar ximnasia de mantemento para persoas maiores e así empecei. Foi en 1993 e, ao ano seguinte, tamén dei ximnasia para mozos e nas parroquias. No 1995 empecei a traballar de forma oficial, fun formándome e aumentando actividade­s ata hoxe, no que imparto ximnasia de mantemento para maiores, con varios quendas; fútbol sala dende 5 a 17 anos; andainas; xogos populares como a chave, onde é unha satisfacci­ón grandísima ver como naceu un liga con dous grupos de 10 equipos cada un; e sesións cos rapaces da Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacid­ade Intelectua­l da Comarca do Sar (Amipa), cos que é un pracer traballar porque o dan todo. E os sábados sempre hai actividade­s puntuais.

—Xa coincidirí­a con máis dunha xeración.

—Si, xa lle dei a pais e agora a fillos e os primeiros téñenme dito que teñen recordos moi bos de cando eu era o seu monitor e iso dignifica a miña profesión, faime ver que ten valor.

—Constatou que, co paso dos anos, se lle dá máis importanci­a ao tema da saúde e da forma física.

—Si, hai máis preocupaci­ón, sobre todo entre as persoas maiores, que empezan e ven o ben que se senten, que melloran e mesmo hai un compoñente social. Se min dependera, o deporte tería máis importanci­a na vida das persoas.

—Trata con varias idades, quen lle pon máis gañas?

—Quizais as persoas maiores e os usuarios de Amipa, pero todos veñen con gañas. É unha satisfacci­ón enorme ver á xente feliz, coma as persoas maiores que veñen aos cursos, e iso faime sentir que realmente acertei coa miña profesión, que isto é o meu. Cando foi do confinamen­to, eles botaron moito de menos as actividade­s, pero eu tamén a todos eles porque isto é máis que un traballo, é a miña vida.

—Terá un sen fin de anécdotas

—Si e algunha non tan divertida, como cando usaba un carriño de supermerca­do abandonado para trasladar a chave do xogo e me denunciou a encargada porque pensou que o roubara, cando o deixaran abandonado e o conserxe do pavillón o gardara.

—¿Como valora a oferta deportiva do Concello?

—Ten moitas actividade­s, pero aínda habería cabida para máis.

 ?? [MERCE ARES] ?? Chalo, que é o nome polo que se coñece ao monitor deportivo, é unha persoa moi popular en Padrón tras case 30 anos de monitor
[MERCE ARES] Chalo, que é o nome polo que se coñece ao monitor deportivo, é unha persoa moi popular en Padrón tras case 30 anos de monitor

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain