La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Insistir para que se recoñeza a Pedronía»

O director do Grupo Hotel Scala sinala que Padrón ten que aproveitar ben o Ano Xacobeo

-

[UXÍA LÓPEZ] Coa chegada do novo ano, é momento de propósitos persoais e mesmo de obxectivos xerais, como no caso da administra­ción máis próximo ao cidadá, os Concellos. No caso da capital do Sar, o feito de ser Ano Xacobeo leva a traballar para consolidar o Camiño da Pedronía, ese que, segundo testemuños históricos, percorrían os peregrinos que, unha vez pisada Compostela, iniciaban o tramo de volta cara a capital do Sar. Tamén é tempo de reforzar o papel de Padrón como berce da tradición xacobea. Así o ve tamén o director-xerente do Grupo Hotel Scala de Pazos, Manuel Vidal, quen fala de que «hai que seguir insistindo no recoñeceme­nto do Camiño da Pedronía e a defensa de Padrón como berce do Xacobeo». Engade que «ven un ano xacobeo no que Padrón ten que apostar por aumentar o número de turistas que visitan a nosa vila. Non pode deixar escapar este ano que se presenta, ten que atraer o turista e peregrino estranxeir­o e seguir loitando pola dinamizaci­ón turística».

 ?? [M. ARES] ?? Manuel Vidal conta que a recuperaci­ón estaba sendo moi boa, pero en Nadal houbo cancelació­ns
[M. ARES] Manuel Vidal conta que a recuperaci­ón estaba sendo moi boa, pero en Nadal houbo cancelació­ns

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain