La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Nova oficina de turismo e escola de música municipal

-

O novo ano debera servir tamén para avanzar na construció­n da residencia e centro de día, unha vez que xa existe un proxecto que contempla 48 prazas en total. Falta o financiame­nto e a corporació­n local xa se manifestou a favor de que sexa a Xunta quen corra co orzamento. Poñer en marcha a nova oficina de turismo e a nova escola de música municipal, esta última na casa da antiga finca da azucreira, son outros dous dos obxectivos a acadar polo Concello de Padrón, xunto coa declaració­n da Pascua como festa de interese turístico autonómico. O que será unha realidade é a execución de obras para a ampliación da rede de saneamento e para a prevención de inundación­s nos ríos Sar e Ulla, que suman máis de 4,5 millóns de euros.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain