La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O concurso de Nadal de Padrón decora as rúas e o patrimonio

-

[UXÍA LÓPEZ] Catorce locais de hostalería e comercios; tres vivendas; dou pisos e dúas escolas unitarias participar­on no segundo concurso de decoración Nadal na rúa organizado polo Concello de Padrón co obxectivo de «difundir e enxalzar a beleza do rueiro e do patrimonio arquitectó­nico da vila nesta época», en palabras da Concelleir­a de Cultura e Turismo, Lorena Couso.

Entre as vivendas participan­tes está a do veciño de A Escravitud­e Manuel Turnes Olivera. A montaxe está no fronte da súa vivenda antiga e é a segunda vez que a fai. Todo comezou coa idea de aproveitar un carro tradiciona­l da vivenda e tamén pola ilusión que lle fai a súa filla de sete anos.

Deste xeito, a súa decoración está montada con material reciclado, procedente de restos de rehabilita­r a súa vivenda. Non falta o carro coas vacas, dúas árbores de Nadal, a estrela, o Belén, o anxo ou o Apalpador, pero tamén unha referencia moi clara a Padrón: o Camiño da Pedronía coa súa figura oficial. «Esa é a parte nova deste ano», conta Manuel Turnes, quen engadiu iluminació­n a súa montaxe de Nadal polo que di que «loce moito máis de noite, coas luces prendidas».

A vivenda está situada a pe da estrada N-550, en pleno Camiño de Santiago, polo que o seu titular conta que «son moitos os que paran para mirar a decoración e sacarlle fotos, peregrinos incluídos». O veciño di que é unha «persoa activa», polo que aproveitou o tempo libre para montar a decoración. «Todo se reduce a ter a idea e logo darlle ao traballo da máquina caladora de madeira», asegura. Tamén axuda que sexa unha persoa a que se lle dan ben os traballos manuais. «Sempre fun o axudante de meu pai, quen foi albanel, polo que non me dá medo coller as ferramenta­s», engade o veciño de A Escravitud­e.

Este, ademais, montou no seu momento unha decoración pola celebració­n do Halloween, da que tamén está moi orgulloso.

Manuel Turnes gañou o primeiro premio da categoría de vivendas; na de pisos foi para Claudia Franco mentres que na de asociación­s sen ánimo de lucro foi para a Escola de Educación Infantil de A Escravitud­e e en empresas foi para Xoguetería Tatino. En total, o Concello repartiu 1.000 euros.

 ?? [MERCE ARES] ?? Manuel Turnes montou a decoración de Nadal pola ilusión que lle facía á súa filla de sete anos
[MERCE ARES] Manuel Turnes montou a decoración de Nadal pola ilusión que lle facía á súa filla de sete anos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain