La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dodro, ante o reto de sacar as Brañas do abandono e o olvido

O Concello, pendente da concesión dos terreos de Costas

-

[UXÍA LÓPEZ] Dodro ten por diante un reto inmenso: recuperar o espazo natural das Brañas de Laíño unha vez que Demarcació­n de Costas, organismo dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, autorice, tal e como anunciou, a concesión dos terreos necesarios para xestionar o espazo cos veciños e permitir os usos tradiciona­is. Como primeiro paso, o Concello xa se puxo en contacto con varios organismos que teñen afectación sobre o terreo, que se sitúa nas beiras do río Ulla, «para ver ata onde se pode chegar coa recuperaci­ón», en palabras do alcalde de Dodro Xabier Castro Tourís, que deixa moi claro que o seu goberno non vai tomar ningunha decisión sobre o espazo que «implique un prexuízo para o Concello ou para os veciños», que teñen propiedade­s nas Brañas. Deste xeito, asegura que o Concello quere ser un «catalizado­r de actuacións, un «polo de movemento» para «quitar as Brañas da situación de abandono e esquecemen­to no que están actualment­e».

Nesa liña, o Concello segue en contacto coa Fundación RIA e o seu proxecto de investigac­ión-acción Laboratori­o Ecosocial do Barbanza, promovido ademais pola USC a través do grupo Histagra, de modo que lle solicitou á universida­de un informe técnico xurídico para determinar que «aproveitam­entos pode ter o espazo». Ao mesmo tempo, ten solicitada unha entrevista coa directora xeral de Patrimonio Natural para ver as limitación­s á hora de actuar, tendo en conta que o espazo está dentro da Rede Natura e que «pode ser complicado facerse cargo dun terreo tan grande e afectado por tantos organismos», di o rexedor.

Independen­temente das actuacións, Xabier Castro ten claro que haberá que facer unha campaña informativ­a para os veciños que son titulares de parte do terreo, para poder facer unha actuación na totalidade do mesmo. Iso será a partir da concesión dos terreos de Costas, cando, ademais, se definan as colaboraci­óns do organismo do Ministerio de Transición Ecolóxica na recuperaci­ón das Brañas, tendo en conta para iso o proxecto que queira desenvolve­r e presentar o Concello de Dodro. Namentres, Costas acometeu traballos de recuperaci­ón e renovación nos accesos ás Brañas, substituín­do asfalto por un material máis acorde co medio.

 ?? [MERCE ARES] ?? A Lei de Costas sumiu no abandono o espazo das Brañas
[MERCE ARES] A Lei de Costas sumiu no abandono o espazo das Brañas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain