La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Rois difunde os dous Camiños que pasan polo seu territorio

O Concello edita un vídeo con presenza de veciños na ruta portuguesa e a da ría

-

[UXÍA LÓPEZ] Rois quere difundir as dúas rutas de Santiago que pasan polo seu territorio: un tramo do Camiño Portugués ao seu paso polo lugares de Angueira de Castro e O Faramello e o novo itinerario que discorre pola ría de Muros de Noia e que foi o último recoñecido pola Catedral de Santiago. Para iso, editou un vídeo no que dá a coñecer os atractivos das rutas que pasan por Rois, para o que conta coa colaboraci­ón de comerciant­es e establecem­entos hostaleiro­s da zona, ademais da presenza en pantalla de 18 veciños, que se prestaron a facer algúns tramos do Camiño e difundir deste xeito este recurso turístico de primeira orde para Rois.

Os veciños son Carmen Godoy, Minucha García, José Agrafojo, José Romero, Nieves Nieto, Mercedes Caamaño, Carmen Castro, Secundina Casaldeiro, María Mato, José López, Lourdes Figueiras, Juan López, Mercedes López, Lidia Pais, Ana Silva, Miguel Díaz, Natalia Silva e Juan Núñez.

O audiovisua­l, titulado Rois no Camiño de Santiago e producido pola empresa de comunicaci­ón compostelá Alicentis, dura cinco minutos e conta con subtítulos en galego, castelán e inglés.

Por unha banda, amosa o Camiño Portugués, a segunda ruta xacobea en número de peregrinos, que discorre por terras roisenses durante só uns poucos quilómetro­s pero que é de moita a importanci­a histórica, patrimonia­l e natural que atesoura. Así, atravesa paraxes de gran beleza, pasa aos pés do Castro Lupario (un lugar clave na lenda Xacobea) e ás portas do Pazo do Faramello, peza clave na historia política e económica de Galicia. Por outra banda, o Camiño pola ría de Muros de Noia que sitúa a Rois no mapa e, especialme­nte, volve a dar visibilida­de ao núcleo de Urdilde, que quere ser final de etapa antes de chegar a Compostela.

 ?? ?? O Concello contou cos veciños para o vídeo, de modo que algúns camiñan pola vía portuguesa.
O Concello contou cos veciños para o vídeo, de modo que algúns camiñan pola vía portuguesa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain