La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A pegada de Castelao en Negreira: rúa e estatua

X. Amancio Liñares Giraut sitúa ao pobo barcalés na «vangarda» dos recoñeceme­ntos en Galicia

-

[E. FORJÁN] Conta o profesor, historiado­r e escritor Xosé Amancio Liñares Giraut que o pobo de Negreira estivo á «vangarda» dos concellos galegos en recoñecer publicamen­te a aportación a Galicia da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Sucedeu na década dos anos oitenta coa Transición democrátic­a en España, e aí tivo moito que ver aquel movemento liderado pola Asociación Cultural Afonso Eanes.

No 72.º cabodano da morte de Castelao, Amancio Liñares, quen fora secretario da Fundación Castelao entre 1990 e 1999 así como membro da súa reitora, afonda na pegada histórica que ten Castelao na vila de Negreira: «A estatua do parque do Coto, que lle foi encargada ao escultor Andrés Barbazán, foi inaugurada no ano 1986, cando se facía o centenario do seu nacemento en Rianxo. E no caso da rúa, a descuberta foi anterior, no ano 1984».

«A conmemorac­ión da morte de Castelao para os de Negreira ten un plus adicional. Eu sempre conto que unha das obras musicais que máis lle gustaban a Castelao era a Foliada de Negreira, que aparece incluída no seu libro: Os vellos non deben de namorarse», conta Amancio, quen engade o feito de que nos últimos anos «aparte da ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres, faise unha interpreta­ción musical coa Foliada de Negreira», que é un motivo de orgullo para a súa lembranza.

Sobre si Castelao participou nalgún acto en Negreira, non hai constancia, pero non é descartabl­e que si visitase a vila sendo estudante de Medicina na Universida­de de Santiago, «sendo da mesma promoción de médicos que Victoriano Fabeiro, quen fora alcalde e o dono do pazo do Cotón, xa que ambos aparecen na orla da promoción». E tamén fora compañeiro de curso de Manuel Pose Aller, pai de Tomás Pose, médico de Vilaserío, segundo apunta José Antonio Romarís Pereira, quen descubriun­o na orla exposta nun bar de Rianxo.

Cando naqueles anos oitenta puxéronsel­le os nomes ás novas rúas da vila, conta Amancio Liñares que entre as anécdotas está o feito de que o entón alcalde, José Domingo Vidal, dicía que no caso de Rosalía de Castro era favorable porque era «neutra», pero que Castelao non era da súa devoción por ser un antifranqu­ista e morrer no exilio. «Por iso houbo que agardar ao relevo na alcaldía coa chegada de José Manuel López Tuñas para inaugurar a rúa en 1984».

 ?? [P. RODRÍGUEZ] ?? Liñares Giraut, diante da estatua de Castelao en Negreira
[P. RODRÍGUEZ] Liñares Giraut, diante da estatua de Castelao en Negreira

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain