La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Nace «mercaxalla­s. com», o centro comercial en liña

A plataforma de compras comparará prezos e estará operativa en febreiro

-

[E. FORJÁN] O proxecto do centro comercial en liña: mercaxalla­s. com, avanza cara a súa inminente presentaci­ón no seo da Asociación de Empresario­s de Santa Comba. A plataforma obtivo o financiame­nto nun 82% do seu coste grazas ao Grupo de Desenvolve­mento Rural (GDR) Terras de Compostela. Trabállase coa previsión de que estea totalmente operativa a comezos de febreiro, tralo cal, a entidade presentará o proxecto en público e emprenderá unha campaña de promoción que tamén chegará a outros concellos limítrofes.

Mercaxalla­s.com, inclúe un apartado formativo: cursos de fotografía de produto, posicionam­ento, venda en liña, ou mesmo márketing comercial. Disporá dun buscador de produtos comparando prezos entre tódalas tendas adscritas, ao tempo que como «tenda en liña» comparará custos de empresas de paquetería, e tamén serve como escaparate dos produtos para sectores como a construció­n e a hostalería. O único requisito será que sexan firmas asociadas.

Desde a directiva da patronal xalleira búscase que os negocios locais perdan o medo a vender por Internet e aumenten as súas competenci­as dixitais. Un proxecto, din, «obrigado se queremos competir coas grandes compañías», e de cuxo deseño, creación e mantemento encargouse unha empresa local coma Xeitoso, de aí, os agradeceme­ntos ao seu xerente pola «infinita» paciencia que —sinalan dende a directiva— tivo coa súa creación.

Que dicir ten que con esta iniciativa prevén captar novos membros nunha etapa na que a Asociación de Empresario­s de Santa Comba está batendo todos os récords de socios no seu cuarto de século de vida. O feito de que sexan 212 as firmas asociadas, din, «motívanos a seguir traballand­o de maneira altruísta e desinteres­ada polo noso concello».

E trala boa acollida da Feira de

Outono, o equipo directivo xa traballa na organizaci­ón da Feira da Primavera para finais de marzo. Con datas aínda por definir —seguro será unha fin de semana—, prevén alcanzar un cento de stands con presenza de sectores como hostalería, moda e calzado, complement­os, automoción, artesanía, xoiería ou alimentaci­ón. Non faltará a animación musical e actividade­s culturais.

 ?? ?? Directivos da Asociación de Empresario­s de Santa Comba diante dun dos murais que embelecen rúas.
Directivos da Asociación de Empresario­s de Santa Comba diante dun dos murais que embelecen rúas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain