La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dodro organiza charlas para mellorar o benestar dos veciños

Saúde mental, evitar fraudes e accidentes son algúns temas

-

[UXÍA LÓPEZ] O Concello de Dodro ofrece charlas para o benestar dos seus veciños, organizada­s polo departamen­to de Servizos Sociais e Benestar. Trátase, segundo o concelleir­o responsabl­e de área, Xoán Bautista Mariño, de ofrecer a toda a poboación informació­n, divulgació­n e respostas que teñen ver con temas sobre a súa saúde e benestar en xeral e que «a xente demanda e necesita», sinala o edil.

Deste xeito, a primeira charla correu a cargo da asociación Andaina Pro Saúde Mental, con sede en Dodro e Ordes, de modo que a traballado­ra social Cristina Canosa falou da importanci­a de coidar a saúde mental en tempos de pandemia. Na segunda, a psicóloga Verónica Verdía deu a coñecer un programa de Andaina para a mellora na detección e intervenci­ón en risco de suicidios nas comarcas do Ulla-Sar e Ordes.

Nesta liña de charlas, o programa pioneiro Dodro escoita quere abordar o tema da seguridade cidadá para as persoas máis vulnerable­s. Así, o Concello foi dos primeiros en alertar o verán pasado de posibles fraudes que se están dando en domicilios, por teléfono e Internet. De feito, hoxe mesmo se celebra unha charla impartida pola Garda Civil para evitar este tipo de enganos, dirixida a toda a poboación.

Tamén están previstas outras convocator­ias, como a de prevención de accidentes en vías públicas, impartida por persoal especializ­ado. Hai, ademais, outras citas previstas para falar da saúde psicolóxic­a, do risco laboral e de prevención de condutas. Todas se celebran no local municipal do centro de día de Dodro.

A organizaci­ón destas charlas trata de suplir, en parte, as actividade­s presenciai­s que se celebraban antes da pandemia, tales como os distintos obradoiros, unha vez que moitos veciños aínda son reacios a xuntarse de novo, segundo conta o concelleir­o.

Xoán Bautista Mariño tamén explica que as traballado­ras do servizo de axuda ao fogar xa se incorporar­on tras o seu período de vacacións, que o Concello non pode cubrir, como tampouco o pode facer co posto da educadora familiar. Pola súa banda, a traballado­ra social contratada a raíz da pandemia rematou o contrato dun ano e o Concello quere volver a pedir a subvención á Deputación para volver a cubrir o posto, que o edil ve moi necesario.

 ?? ?? O edil e a traballado­ra social, durante a primeira das charlas.
O edil e a traballado­ra social, durante a primeira das charlas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain