La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Unha senda para mellorar a seguridade dos peóns en Rois

O tramo no que se fará é «perigoso», di unha veciña que o percorre a pé a miúdo

-

[UXÍA LÓPEZ] A Xunta investirá máis de 700.000 euros na construció­n dunha nova senda peonil en Rois, dende o remate da beirarrúa do núcleo urbano ata a rotonda de Cortizo. As obras acaban de saír a licitación por un importe de 658.000 euros, ao que hai que sumar as expropiaci­óns. As empresas interesada­s teñen ata o 7 de febreiro para presentar as súas ofertas e o prazo de execución da obra é de oito meses.

A senda iniciárase no entorno das naves do polígono industrial, irá pola marxe esquerda da antiga estrada AC-299 e continuará pola marxe dereita da vía AC301, dende o punto quilométri­co 2+250 ata o 2+800. En todo o percorrido irá pegada á estrada e separada da calzada por un bordo de dez centímetro­s sobre o pavimento da plataforma, agás no treito de intersecci­ón da estrada AC-301 coa antiga AC-299, onde se aproveitar­á a berma existente.

A finalidade da obra é mellorar a seguridade para os peóns no tramo, algo que agradecerá a veciña de Rois Berta Vilar Orgueira, de 53 anos. Non ten carné de conducir e leva anos indo a pé a Padrón e de volta a Rois, un percorrido que lle leva uns corenta minutos. «Xa non se contan as veces que levo ido a andar a Padrón», di a veciña, que na actualidad­e reside na capital do Sar pero ven a pe a Rois para atender ao seu can. Tamén polas tardes hai persoas paseando polo tramo, varias delas de Padrón, segundo conta.

«O tramo é bastante perigoso, sobre todo porque algún coche pasa lanzado e non se sabes se che vai levar por diante», explica a muller, quen engade que a estrada «ten moito tráfico, sobre todo a algunhas horas do día». Por iso, dá a benvida á obra proxectada pola Xunta aínda que, unha vez feita, quedará pendente o tramo comprendid­o entre a rotonda de Cortizo e Extramundi.

 ?? [U. LÓPEZ] ?? A veciña Berta Vilar percorre a pé o traxecto entre Rois e Padrón unhas tres veces por semana
[U. LÓPEZ] A veciña Berta Vilar percorre a pé o traxecto entre Rois e Padrón unhas tres veces por semana

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain