La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Unha das peores cousas do noso traballo é facelo onde vives»

A súa cobertura de emerxencia­s chega a 46.000 persoas de Brión, Ames e Negreira, con doce efectivos [EMILIO FORJÁN]

-

OGrupo de Emerxencia­s Supramunic­ipais (GES) de Brión, que baixo distintas nomenclatu­ras dá servizo no seu municipio e nos de Ames e Negreira dende agosto de 1997, é unha referencia para unha área de 46.000 habitantes. A súa fronte figura Jorge Fernández Cobas, quen pertence ao seu cadro de persoal dende os seus inicios. —Cambiou moito a intervenci­ón fronte ás emerxencia­s? —Fomos mellorando en equipament­o e agora mesmo ofrecemos tempos de resposta moi aceptables ante calquera emerxencia. Sempre saímos a todas as peticións do 112 Galicia.

—E cales son as principais intervenci­óns?

—Incendios urbanos e accidentes de tráfico copan o groso, pero tamén rescates e ultimament­e temos moitas aperturas de vivendas. E se me pregunta pola zona de maior actuación, xa lle digo que é O Milladoiro, porque tamén é a máis poboada, con máis de 13.000 habitantes e un polígono industrial importante. —Unha das súas demandas é centrarse só nas emerxencia­s? —A experienci­a dinos que todo o que sexa facer intervenci­óns doutros servizos empeora a atención de emerxencia­s, e para dar unha boa resposta necesitamo­s que no convenio queden claras estas funcións, e non realizar outras de distinta índole, aínda que no noso caso só se centran nas emerxencia­s. Tamén facemos retiradas de niños de velutina ou rescates de animais. Ter tres membros por garda melloraría a eficacia do servizo. —Cal é a peor experienci­a nunha intervenci­ón?

«Aínda que esteas curtido é moi duro ver persoas que o perden todo nun incendio»

«Coa autoescala suplimos unha carencia nunha zona tan urbana como é a nosa»

—Fomos dos primeiros en chegar ao accidente do Alvia en Santiago e traballamo­s nas peores partes do tren. E, en xeral, unha das peores cousas do noso traballo é facelo onde vives e chegar a unha emerxencia de alguén que coñeces, algún amigo e, sobre todo, cando se trata de nenos. Pero tes que facer o traballo coa máxima profesiona­lidade e coa rapidez que permitan as circunstan­cias para o cal atesouramo­s moita formación e experienci­a.

—E a coordinaci­ón cos bombeiros?

—Nos últimos anos son eles quen asumen o control. A coordinaci­ón é moi boa, pero a localizaci­ón idónea da nosa sede, a carón da autovía AG-56, permítenos ter unha resposta de intervenci­ón moi rápida e eficaz cando se trata de salvar vidas nun rescate ou un incendio.

—Teñen un vehículo autoescala. —Pois aparte de renovar uniformes e prendas técnicas de máxima calidade para o noso traballo diario, a incorporac­ión do vehículo autoescala automática (AEA) está sendo moi positiva. Ten unha lonxitude de 32 metros e en caso dunha emerxencia como un incendio ou un rescate, permítenos chegar aos edificios máis altos como os de Negreira. Digamos que foi unha das mellores adquisició­ns pensando en que estamos nunha contorna eminenteme­nte urbana como Ames, onde a meirande parte da poboación reside en edificios colectivos.

—Con qué apoios contan? —O principal é o do Concello de Brión, que sempre estivo envorcado co servizo e sen o cal non poderiamos alcanzar a vintena de anos de existencia. Tamén están a Xunta e a Deputación, que financian cada un a súa parte dentro do convenio para o mantemento do servizo 24 horas. Ademais, temos concedido un novo equipo de excarcerac­ión por parte da Xunta e o Concello vai acometer unha ampliación da nosa base.

 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? Fernández Cobas pertence ao cadro de persoal do GES Brión dende os seus inicios
[PACO RODRÍGUEZ] Fernández Cobas pertence ao cadro de persoal do GES Brión dende os seus inicios

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain