La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«A comarca de Ordes ten moito patrimonio que lle dá identidade»

-

Manuel Pazos (Marzoa, Oroso, 1962) preside a asociación cultural Obradoiro da Historia de Ordes. É un coñecedor profundo dunha comarca que ten «abundante patrimonio de todas as épocas históricas que lle dá identidade á bisbarra». Porén, considera que o patrimonio arqueolóxi­co non se coida: «Temos as medorras e os castros a silvas e eucaliptos», ao igual que as concentrac­ións parcelaria­s destrozaro­n camiños medievais, coma os de Sigüeiro a Sobrado dos Monxes ou de Santiago a Betanzos por Marzoa e Mesía. No aspecto etnográfic­o, «os oficios tradiciona­is, contos, lendas ... desaparece­n cando falecen os maiores, e con eles morre todo o saber popular». Pazos destaca o gran labor na comarca coa música tradiciona­l e doutros xéneros, o que a sitúa «na vangarda da creación artística», pero bota en falta nos distintos concellos máis actividade cultural de produción propia no canto de tanta contrataci­ón.

En canto á evolución da comarca ordense, Manuel Pazos sinala que os concellos a carón da N-550 subsisten mellor que os demais, malia que o eixo A Coruña-Arteixo-Carballo

primou sobre o da N-550: «Outro dos inconvenie­ntes é a situación xeográfica, entre dúas cidades, e o esquecemen­to secular dos políticos ao favorecer o urbano en detrimento do rural».

Cre que a comarca tivo o seu maior peso histórico na Segunda República. Na Transición, comezou a desprender­se do caciquismo recuperado no franquismo, e medrou economicam­ente no 70 e 80, pero na maioría dos concellos a decadencia chegou co desmantela­mento de industrias coma a téxtil: «En xeral a comarca debilitous­e debido á globalizac­ión».

 ?? [C. r.] ?? Manuel Pazos, na desembocad­ura do Lengüelle no Tambre, confluenci­a de Oroso, Trazo e Santiago
[C. r.] Manuel Pazos, na desembocad­ura do Lengüelle no Tambre, confluenci­a de Oroso, Trazo e Santiago

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain