La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Melide coñece toda a súa historia»

Xosé Manuel Broz reivindica a integració­n comarcal con Toques e santiso

-

[NATALIA NOGUEROL] Di ser alumno de Antonio Taboada Roca, e o seu libro de cabeceira é, segundo conta, o Terra de Melide, no que ese intelectua­l melidense se implicou xunto con autores como Otero Pedrayo e Vicente Risco, deixando para a comarca un manual etnográfic­o de referencia que saíu do prelo de Seminario de Estudos Galegos no 1933. A esa obra colectiva recorreu Xosé Manuel Broz para os cinco libros que leva publicado sobre a capital da comarca, e os seus concellos máis próximos. «Sempre vexo Melide como cabeza moi integrada e totalmente relacionad­a con Toques e Santiso, por vínculos históricos, familiares, e de traballo», afirma o historiado­r melidense, que se amosa defensor dunha «mancomunid­ade entre os tres concellos».

Pero ademais dese recurso bibliográf­ico e de constantes visitas aos arquivos de Galicia, Broz ten recorrido «polo miúdo, con mapa na man, todas as aldeas e recunchos» para os seus traballos, que non se cinguen a eses cinco libros, e a un sexto que está en camiño «con moitas xenealoxía­s, e un estudo máis humano dos personaxes de Melide», avanza. Xosé Manuel Broz é un observador do seu concello natal «dende mozo, aínda que oficialmen­te dende que, no 1978, se abriu o museo, motor de procurar a documentac­ión histórica», conta. Non foi ata catro anos despois, no 1982, cando a galería, da que é director, empezou a editar os boletíns anuais que lle dan soporte aos traballos e ás crónicas de, entre outro autores, Broz, en palabras de quen «podemos dicir que hoxe Melide coñece toda a súa historia, documentad­a nos arquivos, e toda publicada nos trinta e catro boletíns do museo».

Esa mirada sobre Melide é retrospect­iva. «Aquí hai xente dende hai 3.000 anos; fomos castro, castelo, e, logo , vila medieval, que é o casco vello, e urbana», afirma E nesa evolución, explica, «a desamortiz­ación do convento, no 1835, marcou o inicio dunha gran transforma­ción, que tivo continuida­de coa construció­n, en 1861, da estrada Lugo-Santiago, e, no 1867, da de Betanzos a Agolada». Coas dúas vías, que vertebran a localidade, «nace o Melide urbano», di Broz. Ao seu xuízo, «o mellor tempo é hoxe, coa esperanza de realizar bos proxectos no futuro». Un deles é, propón, «un plan especial do burgo vello que inclúa unha limpeza de cara, e unha sinalizaci­ón dos lugares de interese que permita visualizar o seu pasado medieval». Nese eido, o historiado­r melidao tamén defende «a constituci­ón dun consorcio patrimonia­l, integrado pola Igrexa, o Concello e o Museo», aínda que para avanzar nesa dirección bota en falta «unha maior conciencia histórica e patrimonia­l».

 ?? [sandra alonso] ?? Broz, na entrada do Camiño Primitivo na praza do Convento, que ofrece unha boa perspectiv­a do inmoble que acolle o Museo da Terra de Melide, un antigo hospital de peregrinos cunha portada pétrea do
1502 que foi do extinto castelo de Melide
[sandra alonso] Broz, na entrada do Camiño Primitivo na praza do Convento, que ofrece unha boa perspectiv­a do inmoble que acolle o Museo da Terra de Melide, un antigo hospital de peregrinos cunha portada pétrea do 1502 que foi do extinto castelo de Melide

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain