La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Brión foi pioneiro na prestación de servizos»

O veciño Luciano pena considera que iso axudou a este municipio a posicionar­se no mapa de galicia

-

[UXÍA LÓPEZ] Trinta e dous anos como traballado­r municipal dan para coñecer un Concello e así pasa con Luciano Pena Andrade en Brión, onde foi moitos anos o tesoureiro. Aos seus 76 anos, o veciño da parroquia de Ons fai unha lectura da evolución do municipio, como se se tratase dun cronista oficial, título que Luciano Pena rexeita con toda humildade. El é un veciño máis de Brión, di.

Dende esa perspectiv­a, considera que Brión foi pioneiro na prestación de servizos, entre os que menciona ser o primeiro que implantou o servizo de recollida municipal de lixo para todos os veciños; primeiro rural en ter abasteceme­nto e saneamento en todas as aldeas; primeiro que usou o galego en exclusiva en toda a administra­ción local ou que organizou a primeira festa das persoas maiores, entre outros.

E todo isto fíxoo, segundo opina o veciño, con gobernos (os do alcalde Xosé Luis García) centrados nos veciños e que souberon ver, dende o primeiro momento, a realidade de Brión. Neses anos de crear servizos pioneiros e de todo tipo, algo no que para Luciano Pena Brión aínda destaca, o Concello foi quen de involucrar aos veciños nas súas accións, de xeito que estes se identifica­ron co seu proxecto e co pobo e se foi creando un «orgullo de ser de Brión», opina o veciño, quen afirma que non pretende «facer propaganda de ninguén».

Nesa época, na que «Brión foi sempre un paso por diante», asegura Luciano Pena, o Concello tivo ademais a habilidade de deseñar, dende moi cedo, un plan de urbanismo para ordenar o territorio. Sen embargo, o primeiro proposto «era tan restritivo con respecto ao que había polo arredor», que botou para atrás aos gobernante­s, conta o veciño.

Pero, aínda así, aprobárono e, en opinión de Luciano, acertaron e agora en Brión «non se ven os adefesios que se ven por aí; non hai unha construció­n á beira das estradas xerais como pasa noutros concellos», afirma. Con todo iso, Brión converteus­e, e ségueo sendo, nun concello «atractivo para residir», conclúe.

Nunha lectura máis actual, Luciano Pena fala de dous problemas que mancharon o desenvolve­mento de Brión. Por un lado, a parálise na construció­n de nova vivenda coa crise de 2008, que truncou de cheo proxectos que había presentado­s e, por outro, o fallido parque empresaria­l e de servizos. Conta que este proxecto estaba practicame­nte rematado e con todas as parcelas solicitada­s, pero o tema xudicializ­ouse e quedou en nada. Para el, Brión ten aquí unha materia pendente e cre que este concello tamén podería aspirar a ser atractivo para traballar. «A ese proxecto habería que darlle unha volta», di, para que Brión sexa un lugar para residir pero no que tamén haxa emprego. En calquera caso, sinala Luciano, Brión está moi ben situado e, xunto co nivel de servizos que presta, fai que destaque no mapa de Galicia.

 ?? [paco rodríguez] ?? Luciano Pena elixiu para a fotografía a igrexa da parroquia na que reside, a de Ons
[paco rodríguez] Luciano Pena elixiu para a fotografía a igrexa da parroquia na que reside, a de Ons

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain