La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Temos que abrir mentalidad­es, viaxar, ver proxectos e adaptalos á vila»

Beiró avoga en Padrón por un crecemento que conxugue o económico co patrimonio

-

[uxía lópez] Para o veciño de Padrón Xosé Carlos Beiró Piñeiro, de 61 anos, licenciado en Xeografía e Historia pola Universida­de de Santiago e autor e coautor de numerosas publicació­ns relacionad­as coa historia e a etnografía da comarca, na capital do Sar «temos uns bos vimbios cos que facer un bo cesto: Camiños de Santiago; figuras emblemátic­as de importanci­a mundial como Rosalía de Castro e Camilo José Cela e patrimonio arqueolóxi­co, civil, relixioso e natural».

Por iso, fala de que «todos, sen distinción económica ou ideolóxica, individual ou colectivam­ente, debemos preservalo­s, dalos a coñecer e procurar dotar a aqueles vimbios dunha axeitada feitura da que sentirmos orgullosos».

Botando unha ollada atrás, Xosé Carlos Beiró ve que a vila «modificou substancia­lmente o seu aspecto nas últimas décadas do século pasado». Así, cre que «o papel primordial que xogou Padrón como centro económico e como lugar de converxenc­ia de vías propiciou un gran desenvolve­mento que serviu de xerme á situación actual».

Deste xeito, conta que esas condicións «propiciaro­n unha gran circulació­n de persoas e provocou unha clara atracción urbanístic­a para unha poboación que intentaba mudar do rural ao mundo urbano». Con ese movemento de persoas, di que se «fixo preciso habilitar novas vivendas, pero este desenvolve­mento non se viu acompañado dun crecemento racional». Engade que iso, unido á falla de planificac­ión e á de optar por un planeament­o urbanístic­o que facilitou un crecemento irracional, propiciou a construció­n en altura dos novos edificios, é dicir construír máis no mesmo terreo e derivou na desaparici­ón de inmobles e espazos senlleiros en favor de vivendas faltas de personalid­ade».

En presente, fala de que «a mellora de servizos; abaratamen­to de prezos da vivenda e dos locais comerciais e a mellora de comunicaci­óns serían algunhas das accións esenciais que favorecerí­an o crecemento da comarca». Todo sen esquecer o papel primordial que xoga a cultura en Padrón.

Para o veciño e historiado­r padronés, «temos que abrir mentalidad­es, viaxar, ver proxectos en vilas e cidades e adaptalos a nosa realidade».

En resume, Xosé Carlos Beiró sinala que «temos que artellar actuacións e políticas que conxuguen o crecemento económico co patrimonio cultural; temos que facelos compatible­s porque se perdemos este último perdemos a nosa identidade».

 ?? [xoán a. soler] ?? Xosé Carlos Beiró dá moita importanci­a ao patrimonio de Padrón, como o convento do Carme
[xoán a. soler] Xosé Carlos Beiró dá moita importanci­a ao patrimonio de Padrón, como o convento do Carme

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain