La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A ruta Rosalía nos Camiños evoca a figura da escritora

-

[uxíA lópez] Padrón, Rois e Dodro contan cunha nova ruta de sendeirism­o e esta é moi especial xa que leva o nome de Rosalía nos Camiños e evoca a figura e obra da escritora. Foi creada polos Concellos e está inspirada no poemario En las orillas del Sar, de modo que percorre os puntos máis significat­ivos da vida da autora, como o pazo de Hermida en Dodro; Os Fondóns en Rois; o cemiterio de Adina ou a casa museo de Padrón.

A maiores, a ruta leva ao camiñante pola beira do río Sar, tanto por Padrón como por Rois, descubrind­o paraxes naturais de moita beleza. Deste xeito, o sendeiro combina natureza, cultura, patrimonio e historia. A inauguraci­ón tivo un fin solidario, a favor da Asociación Amipa, á que foi destinada a cota de inscrición dos 150 participan­tes na primeira andaina. Esta parte do Paseo do Espolón para percorrer uns quince quilómetro­s practicame­nte planos, salvo a subida ao monte Santiaguiñ­o. Ese itinerario está sinalizado con pedras que fixo o escultor de Rois José Conde. En cada unha delas, hai unha folla de figueira, deseño do artista Camilo Seira e que é a imaxe da ruta, que foi sinalizada a proposta da fundación rosaliana.

 ?? ?? A ruta inaugurous­e cunha andaina amiga.
A ruta inaugurous­e cunha andaina amiga.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain